Os "birdies" de Vigo alimentan e educan a escolares de África
Máis de 150 xogadores participaron no Aero Club de Vigo no III Campionato de Golf de Harambee que recadou fondos para proxectos de educación e saúde en varios países africanos.
Do café dos venres a máis de mil subscritores en YouTube
Hai máis de doce anos, Mar decidiu organizar os venres un café coloquio no seu Ferrol natal. Formato presencial. O modelo exportouse e en poucos anos ducias de persoas comezaron a unirse de xeito virtual cos seus cafés desde outros lugares de España e Latinoamérica.
"Mulleres brúxula nun bosque de retos", un libro solidario con África, a muller e a ciencia
Isabel Sánchez, secretaria central do Opus Dei, acaba de publicar "Mulleres brúxula nun bosque de retos. Ideas para superar a adversidade" (Editorial Espasa). Parte dos beneficios recadados polo libro serán destinados ás bolsas Harambee Guadalupe.
Unhas semanas para suplir o agarimo das familias
Como en tantos outros lugares durante a alerta sanitaria polo coronavirus, na residencia onde traballa Rafa tiveron que multiplicar os seus esforzos para atender ás persoas maiores con profesionalidade e agarimo.
"Traballamos para que haxa actividade económica no medio rural"
Adrián ten 30 anos e 3.000 galiñas. En maio lanzou o proxecto no que soñara os últimos oito anos. Hoxe vende 2.400 ovos campeiros ao día. Minia ten una queixería e unha tenda de produtos artesanais e ecolóxicos. Raquel abriu un albergue para peregrinos. Son tres dos miles de veciños da comarca de Arzúa que pasaron pola Escola de Formación Agraria Piñeiral e que, grazas ao aprendido, decidiron quedar no medio rural para transformalo.
Fonteboa, a formación máis solidaria
O Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa (Coristanco-A Coruña) leva anos axudando a diversas entidades sociais coa celebración do chamado Xantar Solidario. Ademais, durante o confinamento polo covid19, tanto o centro como familias do seu entorno seguiron colaborando con Cáritas donando produtos agrícolas.
África: cando a pandemia é a fame
Os galegos que traballan en centros médicos do Congo e Costa de Marfil coinciden en que a falta de traballo debido ao estado de alarma está a crear máis problemas sociais que o propio virus.
"O confinamento é unha ocasión única para estar máis tempo cos nosos fillos, para reflexionar sobre a vida"
O psiquiatra Luís Gutiérrez Rojas mantivo unha xuntanza online con familias do Club Familiar Rueiro da Coruña para falar sobre como manter o humor durante o estado de alarma.
"En África cando enferma un neno na escola non saben que facer"
A doutora Irene Kyamummi, premio Harambee 2020, falou en Galicia do proxecto de atención médica CHEP (Child Health Project) co que axudou a máis de 5.000 escolares de Kenya. Agora vai levalo a Uganda.
O Papa pide rezar o Rosario nas casas
Comeza maio, o mes de María. O Papa Francisco publicou una carta invitando a rezar o Rosario nas casas durante este mes.









