Number of articles: 333

“Coñecido o Banco de Alimentos… tiña que implicarme”

Manolo Parada, pai de familia e membro do Opus Dei, co seu amigo Pepe Pita e un grupo de voluntarios puxeron en marcha o Banco de Alimentos de Santiago. A Manolo non lle resultou fácil pois o seu traballo requiríalle moito tempo. Na actualidade, o Banco de Alimentos ofréceos a case 40 entidades benéficas que atenden a unhas 8.000 persoas necesitadas de Santiago e do Barbanza. A historia desta iniciativa solidaria foi publicada por El Correo Gallego, que colaborou con ela cedendo parte das súas instalacións.

Camiño de Compostela, da man dun santo

“Vouvos propor que camiñedes con san Xosemaría, un peregrino do noso tempo”. É a iniciativa de Santiago Climent, un sacerdote que recompilou textos do fundador do Opus Dei, un “contemplativo itinerante”, vinculados coa peregrinación a Santiago de Compostela e á viaxe da vida.

Do Opus Dei

San Josemaría diante do apóstolo Santiago

Este 25 de xullo cúmprense 60 anos da última viaxe de san Josemaría a Compostela. Chegou de Londres despois de pasar por Vigo. Estivera en Santiago, entre outras ocasións, con motivo de tres Anos Santos Xacobeos, o primeiro en 1938 cando, como ocorre agora, celebrouse o Xacobeo durante dous anos seguidos debido ao conflito bélico.

Do Opus Dei

O Prelado reorganiza parcialmente as circunscricións da Obra en España

Segundo explicou o Prelado o 30 de xaneiro, realizouse un estudo sobre a situación das circunscricións da Prelatura para mellorar o impulso e a coordinación do traballo apostólico.

Do Opus Dei

Os millennials das Efas apostan polo rural

Xente nova formada nas Efas difunde o seu traballo no agro, o programa da TVG "Labranza" conta como é a formación en Fonteboa e a secretaria das Efas galegas, Belén Rodríguez, foi nomeada vicepresidenta da Asociación Internacional de Movementos Familiares para a Formación Rural.

Un San Xosé "pouco valorado" en Vigo

San Xosemaría tivo nas súas mans e bicou unha imaxe de bronce de San Xosé que se conserva nun centro do Opus Dei en Vigo. O detalle amosou de xeito práctico a súa fonda devoción polo Santo Patriarca. Neste ano dedicado a San Xosé esa figura ten unha nova relevancia.

Do Opus Dei

"A confesión é o mellor quitamedos, tamén en tempos de pandemia"

Despois dunha reportaxe publicada en Faro de Vigo foi chamado por varios medios de comunicación. A razón é que D. José Carlos usa Confesor GO, unha aplicación que localiza sacerdotes dispoñibles para impartir o sacramento da reconciliación. Así, a confesión facilítase ás persoas mantendo as distancias de seguridade.

E a maxia funcionou!

Joseba é profesor. Durante o confinamento atendía ás clases en liña e, sen poder saír da casa, tivo momentos libres que aproveitou para retomar a súa afección polos trucos de maxia cos que moitas familias estiveron entretidas.

Cando Carballo Calero, Cunqueiro e Castroviejo estiveron en Aloya

O protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carballo Calero, participou nas xornadas sobre os medios de comunicación en Galicia que tiveron lugar en marzo de 1977 no Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo. Entre os poñentes estaban figuras da cultura galega como Filgueira Valverde, Álvaro Cunqueiro ou José María Castroviejo.

Gamboa, 25 años dunha porta aberta á cultura

O Club Cultural Gamboa xurdiu por iniciativa dun grupo de nais decididas a crear un foro de debate na súa cidade, en Vigo. Pouco a pouco converteuse no lugar onde acudían mulleres con inquietudes humanísticas, que querían mellorar, aportar ideas e colaborar coa sociedade con actividades solidarias.