O Prelado reorganiza parcialmente as circunscricións da Obra en España

Segundo explicou o Prelado o 30 de xaneiro, realizouse un estudo sobre a situación das circunscricións da Prelatura para mellorar o impulso e a coordinación do traballo apostólico.

Neste marco, cun decreto do 6 de xuño de 2021, o prelado do Opus Dei reorganizou as circunscricións en España e, a partir de agora, a rexión de España terá oito delegacións, en lugar de dez. Deste xeito

a) As delegacións de Santiago e Valladolid únense, converténdose na Delegación do Noroeste, con sede en Valladolid.

b) Únense as delegacións de Zaragoza e Valencia, que conformarán a Delegación de Aragón e Levante, con sede en Valencia.

c) Modifícase o territorio das delegacións de Pamplona e Barcelona: a primeira incorporará A Rioxa e a segunda o santuario de Torreciudad.