Mar Dorrio, nai de doce fillos, “fala da beleza da familia e sempre en positivo”
A Plataforma per a Família Catalunya-ONU entregou a Mar Dorrio o premio “Loitadora pola Familia” por ser “un exemplo na defensa desta institución a través de diversos medios, e tamén na educación dos fillos, a súa extensa familia”. Así o explicaba Daniel Arasa, presidente da Plataforma que con este galardón quere premiar a actividade das persoas que traballan en favor do recoñecemento da familia como institución en diversos ámbitos.
Os millennials das Efas apostan polo rural
Xente nova formada nas Efas difunde o seu traballo no agro, o programa da TVG "Labranza" conta como é a formación en Fonteboa e a secretaria das Efas galegas, Belén Rodríguez, foi nomeada vicepresidenta da Asociación Internacional de Movementos Familiares para a Formación Rural.
"A confesión é o mellor quitamedos, tamén en tempos de pandemia"
Despois dunha reportaxe publicada en Faro de Vigo foi chamado por varios medios de comunicación. A razón é que D. José Carlos usa Confesor GO, unha aplicación que localiza sacerdotes dispoñibles para impartir o sacramento da reconciliación. Así, a confesión facilítase ás persoas mantendo as distancias de seguridade.
E a maxia funcionou!
Joseba é profesor. Durante o confinamento atendía ás clases en liña e, sen poder saír da casa, tivo momentos libres que aproveitou para retomar a súa afección polos trucos de maxia cos que moitas familias estiveron entretidas.
Do café dos venres a máis de mil subscritores en YouTube
Hai máis de doce anos, Mar decidiu organizar os venres un café coloquio no seu Ferrol natal. Formato presencial. O modelo exportouse e en poucos anos ducias de persoas comezaron a unirse de xeito virtual cos seus cafés desde outros lugares de España e Latinoamérica.
Unhas semanas para suplir o agarimo das familias
Como en tantos outros lugares durante a alerta sanitaria polo coronavirus, na residencia onde traballa Rafa tiveron que multiplicar os seus esforzos para atender ás persoas maiores con profesionalidade e agarimo.
Conversas de novela que axudan a facer familia
«Máis dunha persoa que leu a novela díxome que lle está axudando moito nas relacións entre ela e o seu marido», asegura a doutora viguesa Isabel Coma autora da novela «O marido de Carlota». Para esta cardióloga e escritora «a boa literatura é a que chega ao corazón e aos afectos».
Manual para disfrutar do Nadal… e da vida
A ferrolana Mar Dorrio acaba de publicar o libro “Calendario de Adviento” (Eunsa). Esta nai de doce fillos _e outros catro que están no Ceo_ conta como vive o Nadal a súa familia, a importancia dos preparativos, como as portas da súa casa están abertas aos amigos dos seu fillos ou como pide axuda ao Espíritu Santo [“temos que premer máis veces a tecla de help pidíndolle axuda”].
De Kenia a Vigo para atopar a fe
Anastaçia chegou á fe cristiá por medio da familia, pero cunha traxectoria diferente á de moitas outras persoas. Naceu nunha pequena cidade chamada Kisii, preto de Nairobi, e despois de estudar Psicoloxía e Criminoloxía viaxou a Vigo para desenvolver un proxecto internacional... e atopar á fe.
Moda galega para o comezo do curso
No Colexio Maior Arosa non todos os anos empezamos o curso con tanto glamour. Este tivemos a sorte de contar cunha invitada que é un referente no mundo da moda: Adriana Domínguez, a Conselleira Delegada de Adolfo Domínguez.