"Sente cada día a obriga de ser santo. -¡Santo!, que non é facer cousas raras: é loitar na vida interior e no cumprimento heroico, acabado, do deber". San Xosemaría
Os libros de san Josemaría ofrecen suxestións para quen quere ser atopado por Deus na súa vida ordinaria. En 1939 publicouse o primeiro: Camiño. O lanzamento da nova páxina web escriva.org facilita agora o acceso a numerosos escritos do fundador do Opus Dei, entre eles os libros de homilías "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus", traducidos ao galego por Araceli Filgueira Iglesias.
A biografía destes supernumerarios do Opus Dei está ilustrada polo deseñador gráfico Juan Juvančič, autor de curtas de animación e cómics publicados en España, Eslovenia e Croacia.
A editorial Agoeiro vén de publicar en galego os libros de homilías de san Josemaría Escrivá É Cristo que pasa e Amigos de Deus. O primeiro volume saíra en 1973, dous anos antes da morte do fundador do Opus Dei; o segundo é póstumo e chegou ás librarías en 1977. Cada un destes libros contén 18 homilías que foron traducidas ao galego por Araceli Filgueira Iglesias.
Este 25 de xullo cúmprense 60 anos da última viaxe de san Josemaría a Compostela. Chegou de Londres despois de pasar por Vigo. Estivera en Santiago, entre outras ocasións, con motivo de tres Anos Santos Xacobeos, o primeiro en 1938 cando, como ocorre agora, celebrouse o Xacobeo durante dous anos seguidos debido ao conflito bélico.
Comeza maio, o mes de María. O Papa Francisco publicou una carta invitando a rezar o Rosario nas casas durante este mes.
Con motivo do falecemento de don José Domínguez varias persoas publicaron artigos falando dun home que, como escribía en Faro de Vigo o sacerdote e xornalista Alberto Cuevas, era "un cura de raza e de moito rezar".
O bispo de Tui-Vigo, don Luís Quinteiro Fiuza, salientou a vixencia das homilías de san Josemaría publicadas por primeira vez hai medio século. Nelas “seguimos a encontrar unha mensaxe transcendente que nos enche o corazón. Estes libros chegaron nun momento que renovan a nosa ilusión por eles”. Falaba don Luís de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus" que ven de publicar por primeira vez en galego pola editorial Agoeiro.
Monseñor Ricardo García, bispo da prelatura de Yauyos-Cañete-Huarochirí (Perú), ordenou o pasado 21 de maio, na basílica de San Eugenio de Roma, a 24 sacerdotes da prelatura do Opus Dei. Entre os novos curas está Marcos Cavestany que fixo parte do seus estudios de arquitectura na Universidade da Coruña e traballou en asociacións xuvenís galegas como o club Doira de Vigo e o club Rueiro da Coruña
Segundo explicou o Prelado o 30 de xaneiro, realizouse un estudo sobre a situación das circunscricións da Prelatura para mellorar o impulso e a coordinación do traballo apostólico.
Un Masterchef de cociña foi unha das últimas actividades do Colexio Maior Arosa de Santiago antes de que o coronavirus obrigara a un confinamento desde o que xa preparan o próximo curso. Para empezar invitan a futuros universitarios a visitar as instalacións...
A nova igrexa de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña) ven de estrear unha escultura do fundador do Opus Dei inspirada na do santuario de Torreciudad e esculpida na cidade italiana de Pietrasanta.
Do 1 ao 6 de xullo, Mons. Fernando Ocáriz participou en encontros con diferentes colectivos -familias, enfermos, membros do Opus Dei e amigos-, en Galicia, Castela e León e Asturias. Tamén estivo con varios bispos e concelebrou misas nas catedrais de Santiago e Oviedo. Nun dos encontros lembrou as súas raices galegas reflectidas no seu segundo apelido: Braña.
“Vouvos propor que camiñedes con san Xosemaría, un peregrino do noso tempo”. É a iniciativa de Santiago Climent, un sacerdote que recompilou textos do fundador do Opus Dei, un “contemplativo itinerante”, vinculados coa peregrinación a Santiago de Compostela e á viaxe da vida.
San Xosemaría tivo nas súas mans e bicou unha imaxe de bronce de San Xosé que se conserva nun centro do Opus Dei en Vigo. O detalle amosou de xeito práctico a súa fonda devoción polo Santo Patriarca. Neste ano dedicado a San Xosé esa figura ten unha nova relevancia.
Contan desde Nairobi que sempre hai moita ledicia cando un fillo retorna dunha longa estadía no estranxeiro. Esa alegría é maior cando ese fillo volve sendo sacerdote. Foi o que aconteceu con Paul Kioko, médico que estreou en Galicia o seu sacerdocio e volveu a Nairobi, ao suburbio de Karen, a parroquia na que foi bautizado e confirmado.