Un San Xosé "pouco valorado" en Vigo

San Xosemaría tivo nas súas mans e bicou unha imaxe de bronce de San Xosé que se conserva nun centro do Opus Dei en Vigo. O detalle amosou de xeito práctico a súa fonda devoción polo Santo Patriarca. Neste ano dedicado a San Xosé esa figura ten unha nova relevancia.

Yo soy práctico, también en la piedad. San José llevó adelante la familia de Nazaret, y llevará la tuya lo mismo. Adquiere una imagencita de San José, tenle devoción, enciéndele piadosamente una luz de cuando en cuando, como nuestras madres, como nuestras abuelas: todas las viejas devociones son actuales, no hay ni una que no sea actual. Poniendo por obra lo que te he dicho, ahora, al llegar a la casa donde vivo aquí, me encontraré con una imagen de la Virgen que han puesto muy bonita, y otra de San José. A la Madre de Dios le echaré un piropo, y a San José le encenderé tres velas de tu parte”. Isto dicía San Xosemaría durante un faladoiro no Teatro Coliseo de Bos Aires o 26 de xuño de 1974. A súa devoción a San Xosé viña de lonxe e facíase evidente diante de calquera imaxe do carpinteiro de Nazaret.

Así aconteceu durante unha estancia en Madrid a comezos dos anos setenta. San Xosemaría foi a Incodesa, unha empresa dedicada ao deseño e arquitectura de interiores fundada en 1970 e cuxa directora era Lourdes Bandeira, numeraria do Opus Dei. Un dos seus sobriños lembra como entón “a nosa tía Lourdes adquiriu diversos obxectos decorativos para Cavabianca”, a sede do Colexio Romano da Santa Cruz, un dos centros interregionales do Opus Dei, directamente dependentes do Prelado, destinados a proporcionar unha intensa formación doctrinal-relixiosa e espiritual aos fieis da Prelatura, neste caso numerarios, que posteriormente poden recibir encargos de formación nas diversas circunscricións. “Entre outros obxectos -segue relatando- adquiriu a un prezo moi económico, 750 pesetas (pouco máis de catro euros), unha pequena imaxe de San Xosé en bronce”.

Durante a estancia en Incodesa, acompañado do beato Álvaro do Portillo e de don Javier Echevarría, San Xosemaría fixouse decontado na imaxe de San Xosé e notouse que lle gustaba. Colleuna, deulle un bico e ao ver o prezo na base fixo un comentario dicindo, non é textual, “Pobre San Xosé, que pouco che valoran”.

Como a imaxe non encaixaba en Cavabianca “a tía Lourdes comentoullo ao seu irmán Antonio dicíndolle que ela fixaba agora o prezo, e fíxolle un donativo xeneroso”. Ao falecer Antonio a figura pasou ao seu fillo Antonio e actualmente está no centro Gondar de Vigo onde durante este mes de marzo, e este ano dedicado a San José, ten un especial protagonismo.