Inna e Igor, ucraínos co corazón en Vigo

Rosa e Pedro recibiron en Vigo a Inna e Igor, dous irmáns orfos de Chernóbil. Foi a finais dos anos 90 e pasaron a ser da familia de este matrimonio de Supernumerarios do Opus Dei. Durante un tempo os pequenos viaxaban de Ucraína a Vigo cada ano. Agora, máis de vinte anos despois, Inna escapou da guerra co seu fillo e está de novo coa súa familia adoptiva. Igor quedou no seu país para axudar. Faro Vigo publicou esta historia que tamén recolleu a TVG e outras canles de televisión.

Inna e o seu fillo en Vigo

https://www.farodevigo.es/mund...

https://www.crtvg.es/tvg/a-car...

"É como ter un fillo na guerra", dijo a presentadora a Rosa nunha entrevista en La Sexta na que puido falar en directo con Igor. Nesa emotiva conexión, Rosa asegurou que foron as dificultades vividas as que fixeron líder a Igor, as que lle axudaron a “ser como é. Ten un corazón de oro". Rosa subliñou que a tarefa que está a facer en Kíiv é axudar aos demais. Igor, que estudou económicas, dixolle que estaba forte graza a "que chamas, que escribe, que rezas por min. Iso axuda moito".

https://www.lasexta.com/programa...

Noutra das entrevistas, Igor explicou: "Son cristián e non quero matar a ninguén (...) Non queremos que morran soldados rusos". Falaba diante dunha igrexa ortodoxa na que se refuxiaron 150 persoas e dende onde repartían os alimentos que chegaban de Polonia e España. E recoñeceu: "Ao principio tiven medo pero Deus axudoume".

Cada mañá, aínda de madrugada, Rosa y Pedro contactan con Igor para ver como está. Tamén todas las noches. Pedro explica que lles dixeron que podía vir para Vigo e estar na súa casa pero dixeron que non. Rosa entiende por que Igor se negou a saír de Ucraína: "É a súa terra, é o seu país, é a súa xente...".  E pasados dous meses de guerra as conversas entre Igor e a súa familia de Vigo son case diarias como contou Pedro nunha entrevista na TVG na que tamén falou Igor.

A que finalmente vaiaxou a Vigo foi a súa irmá Inna, co seu fillo Daniel, mentres que o seu marido quedou con Igor. Tampouco tería que quedarse porque é de Moldavia pero quedou para defender Kíiv. “Non entendo as cousas da guerra”, resume Inna. O seu fillo tampouco as entende e pregúntalle á nai por que o queren matar se tamén fala ruso.