Actividades

Direción espiritual, retiros, charlas doctrinais e clases de catecismo son algunhas das actividades que organiza o Opus Dei para axudar a quen desexe mellorar a súa vida espiritual e o seu afán evanxelizador. Teñen lugar en centros do Opus Dei, en igrexas ou parroquias ou no domicilio de algún participante, e están abertas a cualquera persoa.

Os medios de formación cristiana están abertos a calqueira persoa.

«A actividade principal do Opus Dei consiste en dar aos seus membros, e ás persoas que o desexen, os medios espirituais necesarios para vivir como bos cristiáns en medio do mundo», explicaba o fundador.

MEDIOS DE FORMACIÓN

Os fieis da Prelatura asisten a clases semanais, tamén chamadas círculos, sobre temas doctrinais e ascéticos. Participan nun retiro mensual, que consiste en adicar algunhas horas, un día ao mes, á oración persoal e a reflexión sobre temas de vida cristiá. Ademáis, asisten anualmente a un curso de retiro espiritual que ordinariamente dura de tres a cinco días.

Análogos medios de formación facilítanse aos cooperadores, aos novos que participan na labor apostólica da Prelatura e a cualquera persoa que desexe recibilos.

Os medios de formación impártense nas sedes dos centros do Opus Dei e noutros lugares que resulten axeitados. Por exemplo, un círculo pódese ter no domicilio de algunha das persoas que asisten; un retiro, nunha igrexa que o párroco permita usar con este fin durante unhas horas, etc.

APOSTOLADO

A evanxeización que cada fiel da Prelatura desenvolve no seu contorno é o apostolado máis importante do Opus Dei. Trátase dun labor de testemuño e de axuda no traballo e nas circunstancias habituais en que se desenvolve a existencia de cada un.

"A actividade principal do Opus Dei consiste en dar aos seus membros, e as persoas que o desexen, os medios espirituais necesarios para vivir coma bos cristianos en medio do mundo", decía san Xosemaría.

En consecuencia, o labor que levan a cabo os membros do Opus Dei non se limíta a un campo específico, como a educación, a atención a doentes ou a axuda a persoas con discapacidade. A prelatura proponse lembrar que todos os cristiáns, sexa cal sexa a actividade secular á que se adiquen, han de cooperar a solucionar cristianamente os problemas da sociedade e deben dar testemuño constante da súa fe, alí onde estean.

OBRAS CORPORATIVAS

As obras de apostolado corporativo son promovidas por fieis do Opus Dei e cooperadores, xunto con outras persoas, e teñen a garantía moral da Prelatura, que se encarga da súa orientación cristiá. Son iniciativas de carácter civil, sen ánimo de lucro e cunha finalidade apostólica e de servizo.

Entre as obras corporativas hai institucións educativas e asistenciais, como colexios, universidades, centros para a promoción da mulller, dispensarios médicos en zonas subdesenvolvidas, escolas para campesiños, institutos de formación profesional, residencias de estudantes, centros culturais, etc. A Prelatura non se ocupa de empresas comerciais, políticas, nin de actividades con ánimo de lucro.

A responsabilidade plena da titularidade e a xestión das obras de apostolado corporativo corresponde sempre aos seus promotores e non á Prelatura do Opus Dei, que se encarga só da súa orientación espiritual e doctrinal. Cada iniciativa finánciase do mesmo xeito que cualquera outra do seu mesmo tipo: cantidades que pagan os beneficiarios, axudas, doacións, etc.

Con frecuencia, as obras de apostolado corporativo son deficitarias, polo tipo de actividade que desenvolven e porque non teñen ánimo de lucro. Por este motivo adoitan recibir —ademais dos xa mencionados doativos de fieis do Opus Dei, de cooperadores e doutras moitas persoas— subvencións oficiais que as autoridades públicas prevén para as actividades de interese social, así como axudas de fundacións privadas e empresas.