Os millennials das Efas apostan polo rural

Xente nova formada nas Efas difunde o seu traballo no agro, o programa da TVG "Labranza" conta como é a formación en Fonteboa e a secretaria das Efas galegas, Belén Rodríguez, foi nomeada vicepresidenta da Asociación Internacional de Movementos Familiares para a Formación Rural.

Manuel Romero na foto de Ana García para a reportaxe de Somos Agro na Voz de Galicia

“Ter unha explotación gandeira é un traballo coma outro. A xente pensa que estamos como hai vinte ou trinta anos, pero as cousas cambiaron». Isto conta Manuel Romero, que está rematando a súa formación na Efa Fonteboa de Coristanco. Faino nunha reportaxe de Marta López publicado por La Voz de Galicia. Andrea Canosa e Jorge Rey tamén contan a súa aposta polo rural.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/ga...

O programa "Labranza" da Televisión de Galicia tamén dedicou unha ampla reportaxe ao método de ensino de Fonteboa recollendo testemuñas de antigos alumnos que son profesionais importantes.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-1584-a-i...

Tamén foi noticia no Faro de Vigo Belén Rodríguez Lago, asesora xurídica de centros educativos, cooperante con vocación internacional e secretaria da Federación Galega de Centros Efa (Escolas Familiares Agrarias), como é presentada na entrevista para o xornal que lle fixo Ana Rodríguez. A xornalista lembra que estas escolas foron impulsadas en España por Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, para a formación e o desenvolvemento rural. Belén Rodríguez é a nova vicepresidenta da Asociación Internacional de Movementos Familiares para a Formación Rural (AIMPFR), unha entidade que integra a un milleiro de centros e máis de 150.000 familias de todo o mundo.

Outra nova destes días foi o traballo a favor da apicultura que está levando adiante a Efa Fonteboa e que recollía o xornal Correo de Bergantiños. Carlos de Castro leva cinco anos traballando na apicultura de xeito profesional e coordina as actividades do Centro de Investigación, Capacitación e Promoción Apícola (Cicapis) de Fonteboa.

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebergantino...