
Centro de Documentación y Estudios Josemaría Escrivá de Balaguer
El Centro de Documentación y Estudios Josemaría Escrivá de Balaguer (CEDEJ) es una Sección del Instituto Histórico San Josemaría Escrivá de Balaguer (ISJE)

Encarnita Ortega, nacida en Ponte Caldelas (Pontevedra), descansa na igrexa de San Lorenzo, en Valladolid
Encarnita Ortega naceu en Ponte Caldelas (Pontevedra) no ano 1920. En 1941 coñeceu a San Josemaría Escrivá e descubriu a súa vocación como numeraria do Opus Dei. Posteriormente colaborou na expansión da institución desde Roma e, ao regresar a España, impulsou iniciativas de formación para mulleres e actividades culturais. A pesar de vivir os seus últimos 30 anos en Valladolid, acabou falecendo en Pamplona en 1995 con fama de santidade.

O Opus Dei, en carne viva
Jack Valero presentou en Santiago “El Opus Dei sin filtros” un libro no que recolle unha vintena de testemuños de persoas que forman parte da Obra. O autor busca dar resposta a cuestións como: Que leva a unha persoa corrente a facerse do Opus Dei? Que atopa alí para dedicar a súa vida —ou unha parte de ela— a unha forma concreta de vivir a fe? Canto hai de realidade e canto de tópico nunha das institucións da que tanto se fala e escribe e, ao mesmo tempo, é das máis descoñecidas?

Fonteboa, unha das grandes canteiras do campo galego
Acaba de empezar un novo curso no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco (A Coruña). Este é o número 51 desde que botase a andar en 1975. Desde entón nas aulas de Fontebaa formaronse máis de duas mil persoas. Entre os estudantes deste curso están Xavi Pardo e Miguel Bocija, os dous de 17 anos e que protagonizan unha reportaxe no xornal Faro de Vigo sobre a transformación do campo galego.

As EFAS reafirman o seu compromiso co medio rural mediante unha formación de calidade
Vigo acolleu a Escola de Verán das EFAs de España, a maior rede de centros de formación profesional en contornas rurais. A principios de xullo un centenar de profesionais de máis de 25 centros participaron nun encontro formativo que reuniu a docentes e equipos directivos. O obxectivo era compartir experiencias, actualizar coñecementos e reforzar o compromiso co medio rural mediante unha formación de calidade. O novo curso 2026/27 que está a piques de arrincar permitirá por en práctica o falado e aprendido.

O Opus Dei en Vigo
Información sobre a Prelatura, como casas de retiro e algunhas obras corporativas en Vigo (colexios e centros de formación profesional). A cidade de Vigo atópase na Delegación de Noroeste que comprende Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria. O Opus Dei foi fundado por Josemaría Escrivá de Balaguer en Madrid.

O Opus Dei na Coruña
Información sobre iniciativas da Prelatura, como casas de retiro e algunhas obras corporativas na Coruña (colexios e centros de formación profesional). A cidade da Coruña atópase na Delegación do Noroeste que comprende Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria.

"Na sinxeleza do teu labor ordinario, nos detalles monótonos de cada día, tes que descubrir o segredo -para tantos escondido- da grandeza e da no novidade: o Amor". San Xosemaría
Fundador do Opus Dei





