O Opus Dei en Vigo

Información sobre a Prelatura, como casas de retiro e algunhas obras corporativas en Vigo (colexios e centros de formación profesional). A cidade de Vigo atópase na Delegación de Noroeste que comprende Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria. O Opus Dei foi fundado por Josemaría Escrivá de Balaguer en Madrid.
Ambientes de confianza e liberdade

San Josemaría desexaba que as actividades do Opus Dei realizásense nun ambiente sereno e alegre, no que se respirase un clima de liberdade, no que todos se sintan irmáns. Ofrecemos unha selección de artigos que profundan no coidado das persoas na atención pastoral, a formación permanente dos sacerdotes, o modo en que se realiza o sacramento da Penitencia e a dirección espiritual, entre outros.
"Nós non somos alleos ao galego"

“Nós non somos alleos ao galego. Nós non temos un punto de vista negativo sobre o galego”. Son palabras de Xesús Alonso Montero, entón presidente da Real Academia Galega (RAG), na presentación de "Conversacións con Mons. Escrivá de Balaguer" (Follas Novas). Valoraba o profesor e filólogo, falecido o pasado 6 de febreiro, o que, na súa opinión, pensaban "os militantes e simpatizantes do Opus Dei" sobre o feito de traducir ao galego os libros de san Josemaría. Tamém agradecía que se fixeran esas traducións.
O Opus Dei na Coruña

Información sobre iniciativas da Prelatura, como casas de retiro e algunhas obras corporativas na Coruña (colexios e centros de formación profesional). A cidade da Coruña atópase na Delegación do Noroeste que comprende Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria.
As misas de san Josemaría en Galicia (2026)

Listado dalgunhas das misas organizadas en Galicia con motivo da festividade de san Josemaría, fundador do Opus Dei, que se celebra o día 26 de xuño.
Coidados e retos nas xornadas sacerdotais en Montecelo

O acompañamento entre os sacerdotes, os retos da vida sacerdotal e a situación social na que se moven os presbíteros foron algunhas das cuestións tratadas nas xornadas sacerdotais celebradas os días 26 e 27 de xaneiro en Montecelo (Paderne- A Coruña). Os relatores foron monseñor José María Yanguas, bispo de Cuenca, e Santiago Martínez, director do Centro de Estudos Josemaría Escrivá (Universidade de Navarra). O lema do encontro foi “Nunca só. O corazón do sacerdote e a súa verdadeira compañía”.
Oficina de sanación e escoita

Protocolo de actuación da oficina de sanación e escoita da Prelatura do Opus Dei en España.
Un santo namorado

“¿Habéis visto alguna persona de su edad que hablara así de estar enamorado, del amor a Dios?”. Isto preguntaba Patricia San Miguel, coautora do libro “Camino enamorado” (Palabra), na presentación que fixo na Casa do Libro de Vigo. Referíase a san Josemaría Escrivá. Entre ela e Gema Pérez Herrera destilaron, explican no subtítulo, un 10% do libro máis famoso de san Josemaría. ¿Para qué? Para dar resposta a unha pregunta que facía o fundador do Opus Dei: ¿Como podemos vivir se non estamos namorados?



