O Opus Dei na Coruña

Información sobre iniciativas da Prelatura, como casas de retiro e algunhas obras corporativas na Coruña (colexios e centros de formación profesional). A cidade da Coruña atópase na Delegación do Noroeste que comprende Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria.

A cidade da Coruña (na imaxe a praia do Orzán) forma parte da Delegación do Noroeste . Diego Delso CC BY-SA 4.0

O Opus Dei foi fundado por Josemaría Escrivá de Balaguer en Madrid e en este artigo pódese ler a historia dos primeiros anos da Obra na capital de España.

O Opus Dei dedícase a promover a santidade dos cristiáns no medio do mundo, fortalecendo a súa vida de fe mediante unha abundante formación, para que os seus membros poidan ofrecer un testemuño cristián. Acompañamento espiritual, retiros, charlas doutrinais e clases de catecismo son algunhas das actividades que organiza o Opus Dei para axudar a quen desexe mellorar a súa vida espiritual e o seu afán evanxelizador. Teñen lugar en centros do Opus Dei, en igrexas ou parroquias ou no domicilio dalgún participante, e están abertas a calquera persoa. Se desexa máis información pode escribir a galicia.es@opusdei.org.

Ademais, algúns membros do Opus Dei levan a cabo -xunto con Cooperadores da Obra e moitas outras persoas, crentes e non crentes- labores educativos, asistenciais, culturais, que teñen unha marcada finalidade de servizo e formación: colexios, hospitais, universidades, centros de formación profesional, etc.

Na maioría de cidades existen asociacións xuvenís e universitarias.

Asociacións xuvenís

Club Rueiro (A Coruña)

Asociación Juvenil Abiria

    Casas de retiro próximas a A Coruña

    Montecelo (A Coruña)

    Colexios

    Na Coruña existen varias iniciativas educativas e sociais impulsadas por persoas do Opus Dei. Cada unha delas conta cunha entidade propietaria e xestora independente para o seu desenvolvemento técnico, xurídico e económico.

    Nelas, o Opus Dei encárgase da atención espiritual e de velar porque o seu labor se desenvolva conforme os principios da fe cristiá e ao servizo á sociedade. Ademais, conta con acordos de colaboración con distintas iniciativas educativas, como os colexios de Fomento de Centros de Enseñanza.

    Montespiño (A Coruña)

    Peñarredonda (A Coruña)

      Escolas familiares agrarias

      Fonteboa (A Coruña)

      Piñeiral (A Coruña) https://pineiral.es/