O Opus Dei en Vigo

Información sobre a Prelatura, como casas de retiro e algunhas obras corporativas en Vigo (colexios e centros de formación profesional). A cidade de Vigo atópase na Delegación de Noroeste que comprende Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria. O Opus Dei foi fundado por Josemaría Escrivá de Balaguer en Madrid.

Vista de Vigo, unha cidade donde existen varias iniciativas educativas e sociais impulsadas por persoas do Opus Dei

O Opus Dei dedícase a promover a santidade dos cristiáns no medio do mundo, fortalecendo a súa vida de fe mediante unha abundante formación, para que os seus membros poidan ofrecer un testemuño cristián. 

Acompañamento espiritual, retiros, charlas doutrinais e clases de catecismo son algunhas das actividades que organiza o Opus Dei para axudar a quen desexe mellorar a súa vida espiritual e o seu afán evanxelizador. 

Teñen lugar en centros do Opus Dei, en igrexas ou parroquias ou no domicilio dalgún participante, e están abertas a calquera persoa. Se desexa máis información pode escribir a galicia.es@opusdei.org.

Ademais, algúns membros do Opus Dei en Vigo levan a cabo -xunto con Cooperadores da Obra e moitas outras persoas, crentes e non crentes- labores educativos, asistenciais, culturais, que teñen unha marcada finalidade de servizo e formación: colexios, hospitais, universidades, centros de formación profesional, etc.

En Vigo existen asociacións xuvenís e universitarias.

Asociacións xuvenís en Vigo

- Club Albeiro

- Club Doira

Casas de retiro próximas a Vigo

Olbeira (Vilanova de Arousa, Pontevedra)

Colexios

En Vigo existen varias iniciativas educativas e sociais impulsadas por persoas do Opus Dei. Cada unha delas conta cunha entidade propietaria e xestora independente para o seu desenvolvemento técnico, xurídico e económico.

Nelas, o Opus Dei encárgase da atención espiritual e de velar porque o seu labor se desenvolva conforme os principios da fe cristiá e ao servizo á sociedade. Ademais, conta con acordos de colaboración con distintas iniciativas educativas, como os colexios de Fomento de Centros de Enseñanza.

Montecastelo (Vigo)

Las Acacias (Vigo)

Centro de Estudios Superiores Aloya (Vigo)

    Más información sobre el Opus Dei en España.