Coidados e retos nas xornadas sacerdotais en Montecelo
O acompañamento entre os sacerdotes, os retos da vida sacerdotal e a situación social na que se moven os presbíteros foron algunhas das cuestións tratadas nas xornadas sacerdotais celebradas os días 26 e 27 de xaneiro en Montecelo (Paderne- A Coruña). Os relatores foron monseñor José María Yanguas, bispo de Cuenca, e Santiago Martínez, director do Centro de Estudos Josemaría Escrivá (Universidade de Navarra). O lema do encontro foi “Nunca só. O corazón do sacerdote e a súa verdadeira compañía”.
A música solidaria da coral Casablanca, de Vigo ata África
A coral Casablanca encheu o Teatro García Barbón de Vigo o día seis de febreiro nun concerto no que puxo o talento da formación ao servizo das persoas que máis o necesitan. Harambee ONGD compartiu nesta ocasión o destino solidario dos fondos recadados coa Asociación Española Contra o Cancro e coa Fundación Casa Caridad de Vigo – Hogar San José, que ofrece refuxio, atención e esperanza a persoas en situación de vulnerabilidade.
O Xubileu da adoración infantil enche a Catedral de Tui
Preto dun centenar de persoas —na súa maioría nenos— participaron no Xubileu dos Nenos Adoradores, celebrado no marco do Xubileu da Esperanza convocado polo Papa. A xornada incluíu adoración eucarística, xogos, talleres e unha misa presidida polo bispo D. Antonio José Valín Valdés na Catedral de Tui.
Unha galega mostra en selos a mensaxe universal do Opus Dei
A través dunha colección de selos dos cinco continentes e no contexto do centenario do Opus Dei que se aproxima, María José Pedreira rende homenaxe á figura de san Josemaría Escrivá e á mensaxe universal que el promoveu: a santidade na vida cotiá.
Heroes no silencio: voluntarios que manteñen o legado do Camiño de Santiago
A fundación Conchita Bernárdez impulsa o espírito orixinal do Camiño de Santiago con peregrinos, moitos do Opus Dei, que limpan igrexas e coidan o patrimonio espiritual. Apóianlles voluntarias de Vigo encargadas do mantemento de ornamentos litúrxicos en templos rurais. O libro "El Camino de Santiago y más" conta como xurdiu este proxecto e as distintas iniciativas.
As estancias de San Josemaría Escrivá en Vigo
Con motivo do 50 aniversario do seu falecemento celebráronse dúas misas en Vigo, a cidade desde a que San Josemaría fixo a súa primeira viaxe a Portugal. O país luso foi o primeiro fora de España no que empezou a labor do Opus Dei.
Intensa xornada en Vigo da Premio Harambee 2025, a economista e profesora Enase Okonedo
A nixeriana Enase Okonedo, que recibiu o Premio Harambee 2025 a Promoción e Igualdade das Mulleres Africanas, estivo o 6 marzo en Vigo para dar a conferencia “O camiño da igualdade das mulleres africanas”. O acto tivo lugar na Escola de Artes e Oficios (EMAO), contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e foi presentado por Carmen Ruiz, profesora de Dereito Financeiro e Tributario. Enase Okonedo tamén mantivo reunións con alumnos do Centro de Estudos Aloya e do colexio Las Acacias.
Ducias de beléns do mundo recalan en Ferrol
Fai máis de medio século que Fina recibe nacementos traídos por familiares e amigos de varios continentes. A colección desta supernumeraria do Opus Dei foi recoñecida polos belenistas da cidade.
«Para os nenos, o legado dos santos debe perdurar de xeración en xeración»
En Vigo, as nais promotoras dunha adoración eucarística para nenos, embarcáronse por segundo ano consecutivo nunha celebración especial pola festa de Todos os Santos. Robin Moty é norteamericana e vive en Vigo desde hai uns anos. Xunto a Lara e Ségolène é a emprendedora dunha iniciativa para que os nenos aprendan a adorar a Xesús na Eucaristía.
Ramona Sanjurjo, pioneira do Opus Dei en Vigo e seareira do Celta
Francisca Colomer, doutora en Historia pola Universidade de Murcia, relata a vida de Ramona Sanjurjo, unha das primeiras supernumerarias do Opus Dei. Nacida o 20 de xaneiro de 1916 en Santiago de Compostela, Ramona medrou nunha contorna dinámica e chea de inquietudes profesionais. Na súa narración Colomer presenta algunhas pinceladas da vida desta muller vital e xenerosa, cuxo entusiasmo e sacrificio convertérona nunha figura destacada no Vigo de principios do século XX.







