Un mariñeiro da ría de Arousa na barca de Pedro

Poucos días antes da visita de León XIV a España, o vaticanista galego Juan Vicente Boo (A Pobra do Caramiñal, 1954) presentou en Santiago de Compostela, Vigo, Valladolid e Madrid a súa nova obra “León XIV: o Papa da nova era” (Espasa Relixión). Neste libro o xornalista que informou desde o Vaticano dos pontificados de San Xoán Paulo II, Bieito XVI e Francisco reconstrúe o perfil humano de actual Pontífice.

Na presentación de Vigo, o autor estivo acompañado por lo bispo de Tui-Vigo, Antonio Valín, e a directora de Stella Maris, Mariel Larriba

A libraría San Pablo de Santiago de Compostela acolleu a presentación de “León XIV: o Papa da nova era”, un acto no que, xunto co autor do libro, participaron o arcebispo Francisco José Prieto Fernández e a presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, María Méndez.

Todos eles falaron de varios aspectos clave aos que deberá facer frente o novo Pontífice, dos desafíos, respostas e signos de esperanza que caracterizan esta nova etapa da Igrexa. (Foto: Pastoral Santiago)

«Comunicar é o que Deus fai co Fillo, e a comunicación de Deus co Fillo é o Espírito Santo. Comunicar é algo divino. Grazas polo que facedes. Moitas grazas!». Isto é o que lles dixo o Papa Francisco aos asistentes ao Xubileu do Mundo da Comunicación, entre os que estaba Juan Vicente Boo. Ese encontro tivo lugar tres meses antes da morte do Pontífice. Despois de ter feito 64 viaxes cos tres últimos papas e «coa perspectiva de ter traballado durante 37 anos como correspondente en Bruxelas, Hong Kong, Nova York e Roma —catro puntos privilexiados—, podo asegurarvos que o traballo de Papa é o máis difícil do mundo, o máis complexo e o máis delicado». Isto é o que escribiu Boo no prólogo do seu último libro sobre o Papa arxentino.

Agora achegou a León XIV ao público con este novo libro, un volume repartido polas librarías poucos días antes de que o sucesor de Pedro, como él mesmo lembrou amosando o seu anel, realizase a súa visita pastoral a España, con estancias en Madrid, Barcelona e Canarias. Nunha das entrevistas, a de Faro de Vigo, apuntaba Juan Vicente Boo "Mi corazonada es que León XIV viajará a Santiago el año que viene como peregrino". E un dos organizadores da viaxe comentou que cando se despideu do Papa ao rematar a visita a España díxolle precisamente iso: que o agardabamos o ano que ben en Santiago de Compostela con motivo do Xacobeo.

Juan Vicente Boo sostén que é un «mariñeiro de todos os océanos» pero sempre volve ás augas da súa ría de Arousa natal. E ata fai comparacións pouco comúns como dicir que o mar de Galilea «ten como dous terzos do tamaño da ría de Arousa». A isto aludiu durante a presentación do seu novo traballo na Casa do Libro de Vigo. Neste acto estivo acompañado polo bispo de Tui-Vigo, Antonio Valín, e pola directora de Stella Maris, Mariel Larriba Leira. (Foto Diario Luso Galaico).

https://www.farodevigo.es/soci...

https://www.diarioluso-galaico...

A editorial, que organizou unha das primeiras presentacións en Madrid, subliña que este libro presenta a Robert Prevost, «o primeiro Papa estadounidense da historia. Matemático, teólogo e xurista, ascendeu á Sé de Pedro nun momento de profunda incerteza, marcado pola inestabilidade global, a perda de puntos de referencia e unha revolución dixital con consecuencias imprevisibles».

Juan Vicente Boo é licenciado en Economía pola Universidade de Santiago e graduado pola Academia Militar de Intendencia e forma parte do Colexio de Economistas da Coruña e do Instituto Naval dos Estados Unidos. No ámbito académico, foi director da Residencia Universitaria La Estila de Santiago de Compostela (1979-1982) e profesor adxunto de Ética e Dereito de Prensa na Universidade Pontificia da Santa Cruz de Roma (2000-2004). Tamén foi o fundador e director executivo da axencia de televisión internacional Rome Reports, especializada en noticias do Vaticano, onde dirixiu documentais de renome mundial como “Bieito XVI: A aventura da verdade”.

Recibiu o premio de prensa ¡Bravo! 2010, outorgado pola Conferencia Episcopal Española, e é cidadán honorario de Little Rock, Arkansas, EUA.