Iván Fernández Amil, enxeñeiro industrial, ven de publicar no diario dixital Quincemil a historia de Milagros Rey Hombre (Madrid, 1930-A Coruña, 2014), a primeira muller colexiada no Colexio de Arquitectos de Galicia. O autor do artigo lembra como o pai de Milagros, o arquitecto Santiago Rey Pedreira, púxolle como condición para estudar arquitectura que aprobara a reválida a primeira. Non so aprobou: foi premio extraordinario en 1947 sendo a primeira muller en Galicia en conseguilo. (https://www.elespanol.com/quin... ).
No ano 2012, cando recibiu o recoñecemento da súa cidade (dicía que nacera en Madrid por accidente) contaba as súas vivencias nesta páxina web. ( https://opusdei.org/es-es/article/milagros-rey-arquitecta-profesora-y-pionera/ ) Evocaba Lalitos [así era coñecida] como sendo agnóstica “me acerqué después al Opus Dei a través de un sacerdote gran amigo de mi padre, que me facilitó conocer a un sacerdote de la Obra, y arquitecto, D. Ricardo Fernández Vallespín'. Pouco despois pediría a admisión como Agregada.
Sendo a única muller da escola de arquitectura, en Madrid, contaba que nunca tivo problemas. Lembraba, con sorna, como un dos profesores fíxolle a suxerencia de apostara por unha arquitectura más feminina. Respostou que si aínda no sabía facer arquitectura, menos diferenciala por sexos. Co tempo acabaría recibindo, contaba, máis de 2.300 encargos de proxectos arquitectónicos.
Cando faleceu Milagros Rey, escribía na Voz de Galicia Begoña Cameán Vázquez: “Gran contadora de historias, recordaba siempre que Daniel Rodríguez Castelao, amigo de la fami1ia, había alentado su vocación profesional. Con el pasar de los años, recibiría la medalla Castelao en reconocimiento a su trayectoria”. Nas súas memorias evoca como con catro ou cinco anos ía con seu pai ver as obras e metíana nun caldeiro para baixala as cimentacións. Con esa idade, ou pouco máis, Castelao, que era moi amigo do su pai, axudaballe, corrixía e alentaba aquela nena que emborranchaba os seus primeiros cadernos.