Number of articles: 209

A Estila cumpre 75 anos mirando cara ao futuro

“Hace 75 años dos catedráticos de esta Universidad, Laureano López Rodó y Amadeo de Fuenmayor, por impulso de san Josemaría, pusieron en marcha un colegio mayor que ha sido una señal, un referente durante todos estos años en la Universidad de Santiago”. Palabras do director da Estila, Miguel Jiménez de los Galanes, no pazo de Fonseca, no acto académico de inicio deste curso. “Tener por impulsor del colegio mayor a un santo es siempre un privilegio”, engadiu referíndose ao fundador do Opus Dei.

Do Opus Dei

Dous novos sacerdotes galegos

Uxío Rojo Otero, natural de Pontevedra, e Rodrigo Ayude Puga, orixinario de Melide (A Coruña) son dous dos 25 fieis do Opus Dei que foron ordenados o pasado mes de maio en Roma polo prefecto do Dicasterio para o Clero, cardeal Lazzaro You Heung-sik. Rodrigo celebrou a súa primeira Misa en Melide e Uxío en Pontevedra e Bueu

Do Opus Dei

Escriva.org, unha nova páxina web para afondar na mensaxe de san Josemaría

Os libros de san Josemaría ofrecen suxestións para quen quere ser atopado por Deus na súa vida ordinaria. En 1939 publicouse o primeiro: Camiño. O lanzamento da nova páxina web escriva.org facilita agora o acceso a numerosos escritos do fundador do Opus Dei, entre eles os libros de homilías "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus", traducidos ao galego por Araceli Filgueira Iglesias.

Do Opus Dei

Un cura de raza e de moito rezar

Con motivo do falecemento de don José Domínguez varias persoas publicaron artigos falando dun home que, como escribía en Faro de Vigo o sacerdote e xornalista Alberto Cuevas, era "un cura de raza e de moito rezar".

Do Opus Dei

San Josemaría, de Torreciudad a Oleiros pasando por Italia

A nova igrexa de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña) ven de estrear unha escultura do fundador do Opus Dei inspirada na do santuario de Torreciudad e esculpida na cidade italiana de Pietrasanta.

Do Opus Dei

O galego Rafael Arias escribe o cómic “Tomás y Paquita. Juntos hasta el cielo"

A biografía destes supernumerarios do Opus Dei está ilustrada polo deseñador gráfico Juan Juvančič, autor de curtas de animación e cómics publicados en España, Eslovenia e Croacia.

Do Opus Dei

"Actualidade" e "teoloxía moi profunda" nos libros "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus"

O bispo de Tui-Vigo, don Luís Quinteiro Fiuza, salientou a vixencia das homilías de san Josemaría publicadas por primeira vez hai medio século. Nelas “seguimos a encontrar unha mensaxe transcendente que nos enche o corazón. Estes libros chegaron nun momento que renovan a nosa ilusión por eles”. Falaba don Luís de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus" que ven de publicar por primeira vez en galego pola editorial Agoeiro.

Do Opus Dei

Viaxe do prelado do Opus Dei a Galicia, Castela e León e Asturias

Do 1 ao 6 de xullo, Mons. Fernando Ocáriz participou en encontros con diferentes colectivos -familias, enfermos, membros do Opus Dei e amigos-, en Galicia, Castela e León e Asturias. Tamén estivo con varios bispos e concelebrou misas nas catedrais de Santiago e Oviedo. Nun dos encontros lembrou as súas raices galegas reflectidas no seu segundo apelido: Braña.

Do Opus Dei

As homilías de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus", en galego

A editorial Agoeiro vén de publicar en galego os libros de homilías de san Josemaría Escrivá É Cristo que pasa e Amigos de Deus. O primeiro volume saíra en 1973, dous anos antes da morte do fundador do Opus Dei; o segundo é póstumo e chegou ás librarías en 1977. Cada un destes libros contén 18 homilías que foron traducidas ao galego por Araceli Filgueira Iglesias.

Do Opus Dei

Marcos Cavestany, de arquitecto solidario en Galicia a sacerdote

Monseñor Ricardo García, bispo da prelatura de Yauyos-Cañete-Huarochirí (Perú), ordenou o pasado 21 de maio, na basílica de San Eugenio de Roma, a 24 sacerdotes da prelatura do Opus Dei. Entre os novos curas está Marcos Cavestany que fixo parte do seus estudios de arquitectura na Universidade da Coruña e traballou en asociacións xuvenís galegas como o club Doira de Vigo e o club Rueiro da Coruña

Do Opus Dei