Number of articles: 57

Ducias de beléns do mundo recalan en Ferrol

Fai máis de medio século que Fina recibe nacementos traídos por familiares e amigos de varios continentes. A colección desta supernumeraria do Opus Dei foi recoñecida polos belenistas da cidade.

Ramona Sanjurjo, pioneira do Opus Dei en Vigo e seareira do Celta

Francisca Colomer, doutora en Historia pola Universidade de Murcia, relata a vida de Ramona Sanjurjo, unha das primeiras supernumerarias do Opus Dei. Nacida o 20 de xaneiro de 1916 en Santiago de Compostela, Ramona medrou nunha contorna dinámica e chea de inquietudes profesionais. Na súa narración Colomer presenta algunhas pinceladas da vida desta muller vital e xenerosa, cuxo entusiasmo e sacrificio convertérona nunha figura destacada no Vigo de principios do século XX.

Unha década sin Milagros Rey

Un artigo de prensa lembra a terceira arquitecta de Galicia (tras Rita Fernández e Elena Arregui) meses antes de que se cumpra unha década do seu falecemento. Entre as súas obras están o local social do pescador de Fisterra e, na Coruña, a Torre dos Maestros, a fonte de Catro Camiños e o barrio de Elviña levantado para o realoxo de familias desfavorecidas. Sendo agnóstica, coñeceu ao arquitecto e sacerdote nacido en Ferrol Ricardo Fernández Vallespín e pouco despois pideu a admisión no Opus Dei

Mar Dorrio, nai de doce fillos, “fala da beleza da familia e sempre en positivo”

A Plataforma per a Família Catalunya-ONU entregou a Mar Dorrio o premio “Loitadora pola Familia” por ser “un exemplo na defensa desta institución a través de diversos medios, e tamén na educación dos fillos, a súa extensa familia”. Así o explicaba Daniel Arasa, presidente da Plataforma que con este galardón quere premiar a actividade das persoas que traballan en favor do recoñecemento da familia como institución en diversos ámbitos.

Os millennials das Efas apostan polo rural

Xente nova formada nas Efas difunde o seu traballo no agro, o programa da TVG "Labranza" conta como é a formación en Fonteboa e a secretaria das Efas galegas, Belén Rodríguez, foi nomeada vicepresidenta da Asociación Internacional de Movementos Familiares para a Formación Rural.

"A confesión é o mellor quitamedos, tamén en tempos de pandemia"

Despois dunha reportaxe publicada en Faro de Vigo foi chamado por varios medios de comunicación. A razón é que D. José Carlos usa Confesor GO, unha aplicación que localiza sacerdotes dispoñibles para impartir o sacramento da reconciliación. Así, a confesión facilítase ás persoas mantendo as distancias de seguridade.

E a maxia funcionou!

Joseba é profesor. Durante o confinamento atendía ás clases en liña e, sen poder saír da casa, tivo momentos libres que aproveitou para retomar a súa afección polos trucos de maxia cos que moitas familias estiveron entretidas.

Do café dos venres a máis de mil subscritores en YouTube

Hai máis de doce anos, Mar decidiu organizar os venres un café coloquio no seu Ferrol natal. Formato presencial. O modelo exportouse e en poucos anos ducias de persoas comezaron a unirse de xeito virtual cos seus cafés desde outros lugares de España e Latinoamérica.

Unhas semanas para suplir o agarimo das familias

Como en tantos outros lugares durante a alerta sanitaria polo coronavirus, na residencia onde traballa Rafa tiveron que multiplicar os seus esforzos para atender ás persoas maiores con profesionalidade e agarimo.

Conversas de novela que axudan a facer familia

«Máis dunha persoa que leu a novela díxome que lle está axudando moito nas relacións entre ela e o seu marido», asegura a doutora viguesa Isabel Coma autora da novela «O marido de Carlota». Para esta cardióloga e escritora «a boa literatura é a que chega ao corazón e aos afectos».