Aloya, estilo de vida saudable e entrega de títulos
Carlos Spuch, neurocientífico do Instituto de Investigacións Sanitarias Galicia Sur, falou da importancia das boas costumes alimentarias e do estilo de vida saudable no desenvolvemento persoal. Foi no auditorio de Afundación, en Vigo, no acto de entrega de títulos da promoción 2017/19 do Centro de Estudos Superiores Aloya.
O modelo de formación das Efas galegas interesa en Europa
Profesorado de Francia, Portugal, Alemaña e Italia visitou as instalacións de Arzúa e Coristanco para coñecer o modelo de alternancia implantado nestes centros que implica ás empresas, aos estudantes, as súas familias e a todos os axentes que forman parte do territorio.
De Kenia a Vigo para atopar a fe
Anastaçia chegou á fe cristiá por medio da familia, pero cunha traxectoria diferente á de moitas outras persoas. Naceu nunha pequena cidade chamada Kisii, preto de Nairobi, e despois de estudar Psicoloxía e Criminoloxía viaxou a Vigo para desenvolver un proxecto internacional... e atopar á fe.
Protección de menores
Conforme ás orientacións dadas pola Santa Sé, a Prelatura do Opus Dei en España conta desde 2013 con protocolos para a investigación de abusos a menores. Neste apartado explícase o funcionamento do protocolo e ofrécese unha dirección de contacto.
Moda galega para o comezo do curso
No Colexio Maior Arosa non todos os anos empezamos o curso con tanto glamour. Este tivemos a sorte de contar cunha invitada que é un referente no mundo da moda: Adriana Domínguez, a Conselleira Delegada de Adolfo Domínguez.
Estudantes galegos levan educación, ladrillos e fútbol a Camerún
Oito universitarios galegos pasaron as vacacións de verán na posta en marcha dun programa de apoio á educación en Camerún e na construción de dúas novas aulas do colexio Azobe en Yaoundé, a capital do país.
Club 55
Un requisito e moita ilusión para axudar onde queira que sexan necesarios. Unha historia que demostra que a idade non é un impedimento para saír de casa e cociñar, falar de temas de actualidade e montar un grupo de música para amenizar as tardes de persoas necesitadas.
Isidro Fontenla Armadá, novo vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia
O prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, nomeou a Isidro Fontenla Armadá vicario da Delegación da Obra en Galicia. Sustitúe a Ángel Lasheras Presas, que foi designado director espiritual desta mesma Delegación.
Historias de presidiarios futbolistas e dunha planta de Pediatría
Un estudante de Criminoloxía promove unha iniciativa social para presos dun cárcere galego e outros amigos do Colexio Maior A Estila fan todo o posible para que os nenos -e os pais- pasen un tempo de ledicia na escola infantil dun hospital de Santiago.
Ignacio Barrera, novo vicario rexional do Opus Dei en España
O prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, nomeou a D. Ignacio Barrera vicario rexional da Prelatura en España. Ata agora era vicario da delegación do Opus Dei en Valencia. Substitúe a Mons. Ramón Herrando Prat de la Riba (Barcelona, 1944), que ocupou ese cargo dende 2002.