"Mulleres brúxula nun bosque de retos", un libro solidario con África, a muller e a ciencia

Isabel Sánchez, secretaria central do Opus Dei, acaba de publicar "Mulleres brúxula nun bosque de retos. Ideas para superar a adversidade" (Editorial Espasa). Parte dos beneficios recadados polo libro serán destinados ás bolsas Harambee Guadalupe.

"Mulleres brúxula nun bosque de retos" é un libro escrito por Isabel Sánchez, secretaria central do Opus Dei

Ás bolsas Harambee Guadalupe son un programa polo cal, durante unha década, dez científicas africanas poderán beneficiarse cada ano dunha estancia de investigación en centros médicos e académicos de España. Con motivo do lanzamento do libro, a autora concedeu varias entrevistas a medios de comunicación e participou en diferentes eventos de presentación en España.

Tal como explicou a autora, a idea de escribir este libro xurdiu con ocasión da beatificación de Guadalupe Ortiz de Landázuri, unha científica do Opus Dei que buscou a santidade a través do exercicio da súa profesión como química e impulsou diversas iniciativas de promoción da muller. Por mor dunha entrevista publicada no diario El Mundo o día posterior á beatificación, a editorial propuxo a Isabel Sánchez escribir un libro sobre historias de superación, que presentase o liderado da muller en diversos ámbitos.

Entre estas historias, podería incluírse a das beneficiadas polas bolsas Guadalupe, pois son "mulleres compás" que traballan desde a ciencia polo progreso dos seus países. Nesta primeira convocatoria, moitas delas viron polo momento suspendida a súa estancia no estranxeiro por mor da emerxencia sanitaria causada pola Covid-19. Unha situación incerta que está moi presente nas páxinas do libro, onde se ofrecen valiosos consellos para afrontar as dificultades e traballar de forma conxunta e solidaria por mellorar a propia contorna social.

A autora presentou o libro nun evento digital, celebrado o pasado venres, 4 de setembro. Nun diálogo co xornalista Gonzalo del Prado, falou da xénese deste ensaio e os grandes retos que se presentan ao mundo contemporáneo, e que configuran cada un dos capítulos. Diante de este bosque de desafíos, Isabel Sánchez fala de preto de 80 mulleres que souberon atopar o norte e orientar a moitas outras persoas en ámbitos diversos como a educación, os negocios, a saúde ou a vida familiar. A moitas as coñeceu grazas ás súas viaxes por máis de 50 países, como parte do seu traballo na Asesoría Central do Opus Dei.