O Prelado reorganiza parcialmente as circunscricións da Obra en España
Segundo explicou o Prelado o 30 de xaneiro, realizouse un estudo sobre a situación das circunscricións da Prelatura para mellorar o impulso e a coordinación do traballo apostólico.
Os millennials das Efas apostan polo rural
Xente nova formada nas Efas difunde o seu traballo no agro, o programa da TVG "Labranza" conta como é a formación en Fonteboa e a secretaria das Efas galegas, Belén Rodríguez, foi nomeada vicepresidenta da Asociación Internacional de Movementos Familiares para a Formación Rural.
Un San Xosé "pouco valorado" en Vigo
San Xosemaría tivo nas súas mans e bicou unha imaxe de bronce de San Xosé que se conserva nun centro do Opus Dei en Vigo. O detalle amosou de xeito práctico a súa fonda devoción polo Santo Patriarca. Neste ano dedicado a San Xosé esa figura ten unha nova relevancia.
Asdegal axuda coas cartas aos Reis
Unhas 350 persoas das residencias de maiores de Vigo, Santiago e A Coruña enviaron a súa carta aos Reis grazas á iniciativa de Asdegal. A acción solidaria desta ONG contouna o suplemento YES de La Voz de Galicia.
O sacerdote que cuidaba dos sacerdotes
José Carlos Alonso escribe esta necrolóxica, publicada en La Voz de Galicia, de Don José Luis Casado Moreno, sacerdote do Opus Dei falecido na Coruña. Especialista en teoloxía moral, José Luis Casado faleceu aos 66 anos e está enterrado en San Pantaleón das Viñas, en Paderne.
"A confesión é o mellor quitamedos, tamén en tempos de pandemia"
Despois dunha reportaxe publicada en Faro de Vigo foi chamado por varios medios de comunicación. A razón é que D. José Carlos usa Confesor GO, unha aplicación que localiza sacerdotes dispoñibles para impartir o sacramento da reconciliación. Así, a confesión facilítase ás persoas mantendo as distancias de seguridade.
E a maxia funcionou!
Joseba é profesor. Durante o confinamento atendía ás clases en liña e, sen poder saír da casa, tivo momentos libres que aproveitou para retomar a súa afección polos trucos de maxia cos que moitas familias estiveron entretidas.
Faleceu Javier Cremades, que fora capelán do Colexio Maior La Estila
Javier Cremades Sanz-Pastor (Zaragoza, 1946-Madrid, 2021) foi ordenado sacerdote en 1973 e doutorouse en Teoloxía na Universidade de Navarra. A finais dos anos 70 foi capelán do Colexio Maior La Estila desde onde marcharía a Madrid onde en 2011 dirixiu os actos centrais da Xornada Mundial da Xuventude. O seu pasamento foi recollido en numerosos xornais, entre eles La Región de Ourense.
Cando Carballo Calero, Cunqueiro e Castroviejo estiveron en Aloya
O protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carballo Calero, participou nas xornadas sobre os medios de comunicación en Galicia que tiveron lugar en marzo de 1977 no Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo. Entre os poñentes estaban figuras da cultura galega como Filgueira Valverde, Álvaro Cunqueiro ou José María Castroviejo.
Gamboa, 25 años dunha porta aberta á cultura
O Club Cultural Gamboa xurdiu por iniciativa dun grupo de nais decididas a crear un foro de debate na súa cidade, en Vigo. Pouco a pouco converteuse no lugar onde acudían mulleres con inquietudes humanísticas, que querían mellorar, aportar ideas e colaborar coa sociedade con actividades solidarias.







