A Efa Piñeiral, 50 anos de formación e promoción rural
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, tivo lugar na EFA Piñeiral de Arzúa a xuntanza “dunha representación do alumnado que cursou estudos no centro ao longo dos 50 anos da nosa traxectoria”. Foi “unha doce e entrañable ocasión para reencontrarnos e celebrar os estreitos vínculos que o paso polo centro forxou”. Isto indican desde este centro educativo de formación profesional homologado pola Xunta de Galicia para impartir ciclos profesionais de grado medio e grado superior.
Mar Dorrio, nai de doce fillos, “fala da beleza da familia e sempre en positivo”
A Plataforma per a Família Catalunya-ONU entregou a Mar Dorrio o premio “Loitadora pola Familia” por ser “un exemplo na defensa desta institución a través de diversos medios, e tamén na educación dos fillos, a súa extensa familia”. Así o explicaba Daniel Arasa, presidente da Plataforma que con este galardón quere premiar a actividade das persoas que traballan en favor do recoñecemento da familia como institución en diversos ámbitos.
Apoio galego para as loitadoras mulleres africanas
Harambee, un proyecto internacional que empezou con motivo da canonización de san Josemaría Escrivá, cumpre 20 anos. Esta ONG traballa sobre todo na África subsahariana e recibe axudas desde Galicia con iniciativas como o torneo solidario de golf de Vigo, que na súa quinta edición contou con 190 participantes, concertos solidarios en Santiago e Vigo ou a cesión do recadado na venda dos libros do perruqueiro da selección española de fútbol, Ramiro Fernández Alonso e da xornalista Raquel Rodríguez.
Un cura de raza e de moito rezar
Con motivo do falecemento de don José Domínguez varias persoas publicaron artigos falando dun home que, como escribía en Faro de Vigo o sacerdote e xornalista Alberto Cuevas, era "un cura de raza e de moito rezar".
San Josemaría, de Torreciudad a Oleiros pasando por Italia
A nova igrexa de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña) ven de estrear unha escultura do fundador do Opus Dei inspirada na do santuario de Torreciudad e esculpida na cidade italiana de Pietrasanta.
O galego Rafael Arias escribe o cómic “Tomás y Paquita. Juntos hasta el cielo"
A biografía destes supernumerarios do Opus Dei está ilustrada polo deseñador gráfico Juan Juvančič, autor de curtas de animación e cómics publicados en España, Eslovenia e Croacia.
"Actualidade" e "teoloxía moi profunda" nos libros "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus"
O bispo de Tui-Vigo, don Luís Quinteiro Fiuza, salientou a vixencia das homilías de san Josemaría publicadas por primeira vez hai medio século. Nelas “seguimos a encontrar unha mensaxe transcendente que nos enche o corazón. Estes libros chegaron nun momento que renovan a nosa ilusión por eles”. Falaba don Luís de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus" que ven de publicar por primeira vez en galego pola editorial Agoeiro.
A loita pola vida dunha enfermeira galega no Congo
A enfermeira viguesa Candelas Varela Vázquez vive e traballa dende hai vinte anos na República Democrática do Congo, un país que o Papa Francisco sinalou como moi perigoso para os católicos, onde a violencia da ditadura conflúe coa fame, a miseria e unha malaria que afecta sobre todo aos máis débiles. O xornal "Faro de Vigo" recolleu a situación de Candelas, que forma parte do Opus Dei, e lembrou a súa historia.
Viaxe do prelado do Opus Dei a Galicia, Castela e León e Asturias
Do 1 ao 6 de xullo, Mons. Fernando Ocáriz participou en encontros con diferentes colectivos -familias, enfermos, membros do Opus Dei e amigos-, en Galicia, Castela e León e Asturias. Tamén estivo con varios bispos e concelebrou misas nas catedrais de Santiago e Oviedo. Nun dos encontros lembrou as súas raices galegas reflectidas no seu segundo apelido: Braña.
As homilías de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus", en galego
A editorial Agoeiro vén de publicar en galego os libros de homilías de san Josemaría Escrivá É Cristo que pasa e Amigos de Deus. O primeiro volume saíra en 1973, dous anos antes da morte do fundador do Opus Dei; o segundo é póstumo e chegou ás librarías en 1977. Cada un destes libros contén 18 homilías que foron traducidas ao galego por Araceli Filgueira Iglesias.