Unha asociación de clérigos

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz é unha asociación de clérigos intrinsecamente unida á Prelatura do Opus Dei.

San Xosemaría, con sacerdotes da Sociedade Sacerdotal, en 1972.

Ten como fin fomentar a santidade dos sacerdotes seculares no exercicio do seu ministerio ao servizo da Igrexa, segundo o espírito e a praxe ascética do Opus Dei. Está composta polos sacerdotes incardinados na Prelatura e por outros presbíteros incardinados nas súas respectivas Igrexas particulares. Actualmente conta cuns 4.000 socios. O seu presidente é o Prelado do Opus Dei.

Os clérigos das dioceses que se adscriben á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz seguen incardinados na súa propia Igrexa particular: dependen só do seu bispo - nihil sine Episcopo, expresión de san Ignacio de Antioquía, que lembraba con frecuencia san Xosemaría- e non están de ningún modo baixo a xurisdición do Prelado do Opus Dei.

O Concilio Vaticano II exhortou á promoción de asociacións que puidesen prestar unha adecuada axuda fraterna aos sacerdotes (cfr. Decreto Presbyterorum Ordinis, n. 9); como recolle o Código de Dereito Canónico (c. 278, §2), téñense ?en gran estima sobre todo aquelas asociacións que (...) fomentan a procura da santidade no exercicio do ministerio e contribúen á unión dos clérigos entre si e co seu propio bispo?.

A axuda espiritual que proporciona a Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz diríxese a mellorar a vida interior dos socios, estimular a súa fidelidade no desempeño dos seus deberes sacerdotais e fomentar a unión de cada un co seu propio bispo e a fraternidade cos demais presbíteros (cfr. san Xosemaría, Conversacións, n. 16).

Os medios de formación que reciben os socios son análogos aos que se ofrecen aos fieis laicos da Prelatura, tendo en conta as dimensións específicas da formación sacerdotal (cfr. Presbyterorum Ordinis , n. 9, Pastores dabo vobis, nn. 70-81, e o Directorio para o ministerio e a vida dos presbíteros da Congregación para o Clero) e complementan, sen superponerse, as disposicións sobre a formación permanente que dea o bispo para o presbiterio da súa diocese. Así, os socios poden recibir dirección espiritual persoal, clases doctrinales ou ascéticas, días de retiro, etc., organizadas de modo que non interfiran co seu ministerio.

A mensaxe do Opus Dei e os sacerdotes

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz ten como fin fomentar a santidade dos clérigos seculares segundo o espírito e a praxe ascética do Opus Dei (cfr. Beato Xoán Paulo II, Const. Ap. Ut

sit , 28-XI-1982, preámbulo e art. I). Os sacerdotes incardinados nas diversas dioceses únense á Sociedade -movidos por unha vocación divina, como os demais fieis do Opus Dei- para atopar apoio e estímulo na súa procura da santidade no seu ministerio sacerdotal, que abarca todas as dimensións da súa existencia.

En efecto, o mensaxe do Opus Dei sobre a santificación do traballo profesional diríxese tamén aos sacerdotes seculares, pois ?se cabe falar así, para os sacerdotes o seu traballo profesional, no que se han de santificar e co que han de santificar aos demais, é o sacerdocio ministerial do Pan e da Palabra? (A. de Fuenmayor, V. Gómez-Igrexas, J.L. Illanes, O itinerario xurídico do Opus Dei , Eunsa, Pamplona 1989, p. 289).

Esta mensaxe implica unha radical toma de conciencia das esixencias de santidade e apostolado derivadas do bautismo e posteriormente reforzadas na ordenación sacerdotal, en plena conformidade coa propia condición diocesana. Os sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz reciben do Opus Dei axuda espiritual e, sobre todo, un espírito que leva a valorar o don do sacerdocio ministerial na Igrexa, descubrindo en todas as circunstancias da vida unha constante invitación ao encontro con Deus, segundo o exemplo de Xesucristo, e a entregarse por amor ao servizo dos homes, especialmente dos máis necesitados.