Lugar na Igrexa Católica

A formación espiritual que ofrece o Opus Dei complementa o labor que realizan as igrexas locais. As persoas que se incorporan ao Opus Dei continúan sendo fieis da diocese á que pertencen.

Papa Francisco nunha audiencia concedida ao Prelado do Opus Dei.

O Opus Dei foi fundado en 1928. En 1941 recibiu a aprobación do Bispo de Madrid, e en 1947 a da Santa Sé. Desde 1982, é unha Prelatura persoal da Igrexa católica.

O Concilio Vaticano II creou a figura xurídica das prelaturas persoais para permitir o desenvolvemento de específicas misións pastorais. As prelaturas persoais forman parte da estrutura xerárquica da Igrexa. Están compostas por laicos e sacerdotes que, baixo a autoridade dun prelado, cooperan orgánicamente para levar a cabo a misión propia da prelatura.

A actividade do Opus Dei resúmese na formación dos fieis da prelatura para que desenvolvan -cada un no seu propio lugar na Igrexa e no mundo- unha actividade apostólica multiforme, promovendo á súa ao redor o ideal da chamada universal á santidade.

A tarefa apostólica dos membros da prelatura -como a de moitos outros fieis católicos- persegue unha vivificación cristiá que, coa graza de Deus, redunda en beneficio das parroquias e as igrexas locais: os seus froitos son conversións, unha maior participación na Eucaristía, unha práctica máis asidua dos demais Sacramentos, a difusión do Evanxeo en ambientes ás veces afastados da fe, iniciativas de solidariedade cos máis necesitados, colaboración en catequese e noutras actividades parroquiais, cooperación con organismos diocesanos.

Este apostolado das persoas do Opus Dei desenvólvese no marco do carisma específico da prelatura: a santificación no traballo e nas realidades da vida ordinaria.

As autoridades do Opus Dei promoven a unión de todos os fieis da prelatura cos pastores das dioceses, convídanlles a profundar no coñecemento das disposicións dos bispos diocesanos e da Conferencia Episcopal e anímanlles a levalas á práctica, cada un de acordo coas súas circunstancias persoais, familiares e profesionais.

En virtude do carácter exclusivamente espiritual da súa misión, a prelatura non intervén nas cuestións temporais que os seus fieis afrontan con completa liberdade e responsabilidade persoais.

Os Estatutos sinalan que, polo que se refire á actuación profesional e ás doutrinas sociais, políticas, etc., os fieis da prelatura, dentro dos límites da doutrina católica sobre fe e costumes, teñen a mesma plena liberdade que os demais cidadáns católicos. As autoridades da prelatura están obrigadas a absterse totalmente mesmo de dar consellos nestas materias.