Ao rematar os estudos, fixo un máster de Teoloxía en Roma, algo pouco frecuente en Europa, pero relativamente habitual no currículum de moitos estudantes norteamericanos. Na actualidade prepara o seu doutoramento en Medicina en Chicago.
Tapia naceu no seo dunha familia sen conviccións relixiosas. É católico e membro do Opus Dei, a pesar de vivir nos Estados Unidos, país no que o catolicismo é unha relixión minoritaria.
Cal é o motivo da túa visita a Galicia?
Vin participar nunha convivencia cristiá do Opus Dei e a coñecer tamén Santiago e a súa catedral.
Cando decidiches facerte católico?
Cando tiña oito anos miña nai faleceu de cancro de mama e eu sentín a necesidade de buscar consolo na relixión. Axudoume a entender qué son a vida e a morte. Con todo, ata os trece anos non me convertín.
Aínda que esta decisión non gustou no seu ambiente familiar, Daniel seguiu adiante: “Si, porque sentín a chamada de Deus. Así é a vida”.
Cómo chegaches ata o Opus Dei?
Ía a Misa todos os domingos, ata que coñecín a un membro do Opus Dei que me ensinou a doutrina e me fixen membro da Obra.
Estiveches un ano en Roma; ¿atopaches moitas diferenzas entre o modo de vivir a fe no teu país e en Europa?
No meu país o catolicismo é minoritario e os que a practican non fan diferenzas entre liberais ou moderados. Non hai interpretacións.