«A xordeira non me impideu cumprir os meus soños»

Cristina Regojo tiña catro anos cando Galicia padecía a maior epidemia de meninxite da Europa Occidental. Miles de nenas e nenos caeron enfermos e moitos morreron. Ela quedou completamente xorda pero grazas aos seus pais, supernumerarios do Opus Dei, e coa axuda do seu marido, conseguiu estudar Medicina e fundar a Asociación Española contra a Meninxite.

Cristina trabajando en el laboratorio

Na primeira persoa. 26 / 02 /2019

«Ninguén sospeita que estou totalmente xorda e debo iso aos meus pais, que intentaron por tódolos medios que non perdera a fala. Eles puxéronme unha logopedia a que ía tódolos días despois da escola, e grazas a iso aprendín a modelar a miña voz». Así medrou Cristina Regojo, pendente dos beizos dos seus irmáns, dos seus profesores e dos compañeiros de clase, e coa atención constante dos seus pais, que sempre a trataron como unha persoa máis. De feito, estudou nas mesmas escolas que os seus irmáns, centros que ofrecían as mesmas oportunidades para todos. «Os meus pais estaban convencidos de que podía facer exactamente o mesmo que os meus irmáns, e non estaban equivocados. Medrei nunha casa cristiá, coa axuda dos sacramentos e con gran fe. Sempre me deron confianza e razóns sobrenaturais para pensar», recorda.

«Eu compartín tristezas e alegrías e, como dixo San Xosemaría, con bo humor, para afrontar as dificultades con deportividade. Sempre vin aos meus pais como un exemplo; ensináronnos a ter a súa fe, a querernos moito e a desenvolver valores, que é o máis grande que me puideron dar», explica. De nena, Cristina decidiu facerse médica para axudar a xente como ela e poder loitar contra a meninxite. Foron tempos nos que a inclusión non era unha política prioritaria. Aínda que o obxectivo era arduo e difícil, propúxoo con toda a súa forza e, despois de anos de esforzos, conseguiu ser admitida na Facultade de Medicina da Universidade de Navarra. «A miña xordeira non me impediu chegar aos meus soños profesionais. Non hai máis límites que os que ti aceptas», subliña.

Como podería acadalo? «Coa axuda de Deus, os meus pais e toda a miña familia», di Cristina. «Os meus pais son do Opus Dei e educáronme con esixencia e un gran afecto. A capacidade de loita e a perseveranza axudan a alcanzar os obxectivos que te propós, pero o mérito vai para os meus pais que me fixeron sentir como unha máis e desenvolver a miña autoestima».

Na actualidade, Cristina traballa como especialista en análise clínica nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro de Vigo. Ela é nai de familia e fundou hai máis de catro anos, xunto con cinco sobreviventes da enfermidade, a Asociación Española contra a Meninxite. A organización recada fondos grazas a un evento anual que se fixo xa un clásico na cidade de Vigo: a carreira benéfica Correpasillos, que reúne a 500 nenos con idades entre dous e cinco anos chegados de Vigo, A Coruña, Santiago, Vilagarcía de Arousa e O Grove, e conta co apoio do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra. Cristina tamén está a traballar coa Fundación Oir es Clave, que ofrece terapia con logopedias, formativa e audiolóxica, para persoas con problemas auditivos.

Pero ata chegar aquí, o camiño non foi de rosas. Ao entrar na Universidade, Cristina veu que o mundo xiraba a unha velocidade que ela non podía seguir. Non era quen de entender aos profesores ou seguir as clases. Non podía tomar notas. Empezou a suspender e afundiuse. Pensou en deixar todo e volver xunto aos seus pais. Pero sucedeu algo inesperado. «Tiven a sorte de coñecer ao meu marido e facer a carreira con él. Durante os anos difíciles da facultade, él era o meu motor, o que me deixaba os seus apuntes e me explicaba o que eu non entendía; foi unha axuda fundamental, o punto de ancoraxe grazas ao cal rematei a carreira», lembrfa. Beni, o seu marido, asente mentres escoita. Os dous están agradecidos a San Xosemaría e a Universidade de Navarra, que foi onde se coñeceron, e onde decidiron casar cando estaban no segundo curso da carreira: «Tiven a sorte de coñecer ao meu marido e facer a carreira con el. Durante os duros anos da facultade, era o meu motor».

Detrás de todo o vivido Cristina ve a man de Deus. «Estou convencida de que todo iso foi por unha razón, Deus mandoume esa axuda na carreira e loitamos xuntos e tivemos o noso primeiro fillo, o máis vello, que o criamos entre os libros e as prácticas e agora tamén está estudando medicina na mesma Universidade de Navarra».

Aos 30 anos, Cristina pasou por unha cirurxía para facer un implante coclear e comezou a escoitar e sentir-se máis segura. Entón foi consciente do camiño percorrido e de que era unha muller afortunada: «Sei que outros non puideron contalo. Entón, eu sentín que tiña que darme, que tiña que facer algo, que tiña que aportar algo máis». Así, naceu a Asociación Española contra a Meninxite, unha entidade que xa se fixo internacional, e promove a vacinación e a investigación, ademais de ofrecer consellos e asistencia ás persoas afectadas e as súas familias.

«Unha familia afectada pola meninxite é un drama; morre un neno en 24 horas e, aínda que sexan poucos os casos son suficientes para considerar a inclusión da vacina no calendario de vacinacións e que sexa accesible a todos», asegura.

Xunto co seu labor de doutora e do seu traballo na asociación, Cristina leva adiante a súa familia. A tecnoloxía ofrece solucións para iso. O seu teléfono móbil e fixo son adaptados, e na casa ten instalado un sistema de alerta que avisa por vibración cando están chamando a porta, se o bebé chora ou o teléfono soa. A súa casa, lugar de traballo e cerebro tamén están adaptados para poder ler as expresións faciais.

Cristina móvese con tanta naturalidade que tódolos días ten que recordar á xente que a rodea no seu traballo que ela é xorda, para que falen máis a modo. De feito, non pode ver a televisión ou ir ao cine se non hai subtítulos na pantalla, non oe avisos cando viaxa e moléstalle que non pode falar co seu marido na escuridade, nin cantar cancións de moda co seu fillo máis vello, porque non entende ben as letras. «Hai sons da natureza que nunca oín e barreiras coas que non podo loitar», confesa. Pero parece unha cuestión de tempo que Cristina atope un xeito de superar todos estes obstáculos, como aconteceu cos anteriores, xa que, como di a súa filla pequena, é unha superheroína.