Un Mago de Oz moi solidario

A asociación Aboal encheu o auditorio do Mar de Vigo co espectáculo «O Mago de Oz». Máis dun cento de persoas das familias que colaboran con esta ONG traballaron nesta montaxe, que tiña un fin solidario: axudar ao Banco de Alimentos e os proxectos de escolarización de nenas en Kenya que leva adiante a ONG Harambee.

Aboal, que cumple 25 anos, leva sete organizando este festival para axudar ao Banco de Alimentos e a outras entidades como son este ano os proxectos de escolarización de nenas que a ONG Harambee desenvolve en Kenya

A asociación viguesa Aboal leva sete anos organizando este festival solidario co obxectivo de recadar comida para o Banco de Alimentos e, desde hai tres anos, tamén reúnen fondos para outras organizacións sociais. A recadación deste ano destinarase aos proxectos de escolarización de nenas que a ONG Harambee, con presenza en Vigo, desenvolve en Kenya.

Na presentación do espectáculo que tivo lugar no Concello de Vigo, a concellala de Benestar Social, Iolanda Aguiar, aplaudiu o compromiso da asociación no seu traballo pola educación en valores e en familia.

Máis de 1.400 persoas encheron o auditorio Mar de Vigo para ver este espectáculo no que interviren como actores máis de 70 persoas, entre pais, fillos e ata avós. Ademais, un equipo de 30 persoas colaboraron na dirección do musical, os decorados e o vestiario. Entre bailes, cancións e actuacións, trasladaron aos asistentes á maxia do Mundo de Oz e a cidade Esmeralda da que gozaron moitas familias. Cada persoa asistente non so pagou os oito euros da entrada senón que tamén doou un quilo de alimentos.

Aboal, que celebra este ano o seu 25 aniversario, ten a súa sede na rúa Pi e Margall. É un espazo de lecer e de tempo libre para as familias e para transmitir a educación nun ambiente lúdico. «Somos unha entidade aberta a toda a sociedade de Vigo, chea de proxectos e ilusión. Queremos compartir con todos a nosa misión de axudar ás familias na educación, a nosa visión para mellorar a sociedade a través da educación por e para a familia e os nosos valores, onde cimentamos todo o noso traballo: a familia, a excelencia, o compromiso e o entusiasmo», destaca a directora técnica, Cristina Mejía.

La Voz de Galicia «El mago de Oz» llega a Vigo con fines solidarios

COPE Entrevista a la portavoz de la Asociación Alboal (a partir del min. 21:58)

Entrevista en Radio Galega

Faro de Vigo

Atlántico