San Xosemaría, no Camiño de Santiago

Dende o pasado 21 de xullo un relieve en bronce de San Xosemaría, xunto aos doutras 19 persoas relacionadas co itinerario xacobeo dá a benvida aos peregrinos que, polo Camiño francés, enfilan a entrada á meta de Santiago de Compostela.

Conxunto escultórico en Santiago de Compostela

Cada relevo ten máis dun metro de altura. O conxunto escultórico, obra de Cándido Pazos, forma unha porta, denominada “Porta Itineris Sancti Jacobi”.

Na obra figuran, entre outros, personalidades como Xoán Paulo II, Santo Domingo da Calzada, o Papa Calixto II, Diego Xelmírez, Isabel de Portugal ou Jan Van Eyck.

Xunto a eles, entre outros, Isabel de Lucerna, unha peregrina que faleceu antes de chegar a Santiago e que está na porta como unha lembranza das vicisitudes que sofrían os camiñantes.

San Xosemaría estivo en Santiago de Compostela en varias ocasións, onde acudiu para rezar ante os restos do Apóstolo. A primeira vez foi durante o Ano Santo de 1938 e chegou coa ilusión de gañar as grazas que a Igrexa dispensa no Ano Xubilar.

Detalle de San Xosemaría

O crego deixou escrito: “Pedide por mín, que este Xubileo xacobeo me limpe e me encenda a alma”. Días despois, deixou escrito: “Santiago de Compostela e finais de xullo, na Cripta, xunto ás reliquias do Apóstolo, vívense pausadamente as oracións e as accións da Santa Misa. O crego xunta as mans e á altura do rostro, recóllese: as súas preces son por vós, por todos e por cada un... Podedes asegurar que, en espíritu, gañastes o Xubileo xacobeo”.

Durante este verán, ademais, os peregrinos poderán atoparse con San Xosemaría despois de chegar á provincia de A Coruña. Antes de Melide, a pouco máis de 50 Kms. de Santiago, hai instalada ao pé do Camiño unha exposición de San Xosemaría que contén paneis fotográficos e vídeos sobre a súa vida, mensaxe e herdanza. Alí, persoas novas explicana en diferentes idiomas aos peregrinos que a visitan.

Son miles as persoas que se espera a visiten antes de finais de agosto e son miles tamén as estampas e folletos que se distribuiron xa entre persoas de moi variada idade, condición e orixe.