San Xosemaría Escrivá, máis cerca do público en galego

Acto de presentación en Santiago de Compostela da tradución ao galego da obra Conversacións con Monseñor Escrivá de Balaguer

A tradutora Araceli Filgueira traballou para pór a disposición do público en galego as Conversacións con Monseñor Escrivá de Balaguer. Gracias a casa editorial Follas Novas Edicións xa podemos dispor dunha obra máis de San Xosemaría en Galego. A biblioteca Ánxel Casal acolleu onte a presentación, que contou coa profesora Isabel Dans, a catedrática de Lingua Española Ana M.ª Freire e o editor Rafael Silva. Esta tradución “recolle toda a espiritualidade de san Xosemaría e o seu pensamento tan avanzado”. Este non é un libro “para meditar, pois son entrevistas feitas por xornalistas” de prestixio internacional. Recoñece, ademais, a ledicia de ver a obra en galego, pois “creo que é unha forma de estender a nosa lingua. Síntome continuadora do que fixeron os meus devanceiros”.


Vídeo: http://www.crtvg.es/informativos/repasamos-a-actua...