Manual para disfrutar do Nadal… e da vida

A ferrolana Mar Dorrio acaba de publicar o libro “Calendario de Adviento” (Eunsa). Esta nai de doce fillos _e outros catro que están no Ceo_ conta como vive o Nadal a súa familia, a importancia dos preparativos, como as portas da súa casa están abertas aos amigos dos seu fillos ou como pide axuda ao Espíritu Santo [“temos que premer máis veces a tecla de help pidíndolle axuda”].

https://www.rtve.es/alacarta/videos/ultimas-preguntas/ultimas-preguntas-preparando-navidad/5471192/?modl=COMTS

Mar Dorrio é xornalista, traballou un tempo facendo entrevistas e confesa que a idea de rezar parecíalle pouco engaiolante ata que a convertiu en “tomar un café coa Virxen”. Nesta entrevista no programa de TVE “Últimas palabras” tamén fala de como se move nas redes sociais co seu blog Why not twelve? ou como en Instagram ten o Café dos Venres para seguir mantendo o contacto con amigas que estiveron en Ferrol e ahora están vivindo en distintos lugares do mundo.