Isidro Fontenla Armadá, novo vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia

O prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, nomeou a Isidro Fontenla Armadá vicario da Delegación da Obra en Galicia. Sustitúe a Ángel Lasheras Presas, que foi designado director espiritual desta mesma Delegación.

Opus Dei - Isidro Fontenla Armadá, novo vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia

Isidro Fontenla naceu en Ferrol en 1956. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, pertenceu ós corpos de Profesores Numerarios de Escolas de Mestría Industrial e de Profesores Agregados de Bacharelato.
Doctorouse en Teoloxía en Roma pola Universidade Pontificia da Santa Cruz. Nesta cidade recibiu en 2011 a ordenación sacerdotal. Dende 2015 era o director espiritual desta delegación do Opus Dei en Galicia.