Fonteboa leva 30 anos formando ao sector agrario

Co 85% dos seus alumnos colocados no sector agrario, ben á fronte das súas propias explotacións ou ben traballando en empresas de servizos do ámbito agrogandeiro, o Centro de Promoción Rural-Efa Fonteboa de Coristanco pode presumir sobradamente de cumprir coas súas expectativas formativas.

En Coristanco adquirese formación agrogandeira

Nos seus xa 33 anos de existencia, o centro viu pasar polas súas aulas a moitos dos mozos que, na actualidade, son a garantía de continuidade do campo galego, algúns deles convertidos en referentes de sectores tan emblemáticos na comunidade como o lácteo, o cárnico ou o hortofrutícola.

Fonteboa é das poucas escolas da cornixa cantábrica que imparten, na súa vertente de formación profesional, o ciclo formativo de Explotacións Agrarias, cunha cIara orientación cara ás novas demandas do ámbito produtivo. Boa proba diso é o alto grao de inserción laboral que logran os seus alumnos e que se consolida con cada nova promoción. Segundo os datos da   profesional no rural, onde hai posibilidades inexploradas, outras ignoradas e outras moitas menosprezadas.

«Hoxe emígrase menos, a conxuntura é outra, a ameaza do paro e a precariedade laboral están presentes por doquier e para os máis espelidos e traballadores hai oportunidades de emprego no propio medio», apunta Luis García, responsable da escola, que apunta á necesidade de explorar o territorio para atopar novas saídas laborais e de adquirir unha formación axeitada que permita materializalas. «A formación é imprescindible,.. pero non vale calquera formación, senón unha formación adaptada ás necesidades da poboación local e ás potencialidades do medio. De pouca utilidade sería unha formación que se limitase á expedición de títulos e á preparación dos mozos para que emigren; mellor é unha formación que teña en conta o contexto da zona e as posibilidades de emprego nesta».

Dende Fonteboa apúntase que a formación no medio rural debe ter un importante desenvolvemento arredor da idea de empresa e así no momento actual e futuro, o paradigma de formación debe ir enfocado a que os mozos que viven no campo aprendan as claves para xestionar unha sociedade e convertan os medios de produción e as estruturas agrarias en pequenas unidades empresariais.

La Voz de Galicia