Doira, onde cada día acaba con unha festa solidaria

A sede do club xuvenil de Vigo é o altofalante entre os veciños do barrio para poñer música, celebrar cumpleanos e aniversarios de voda, facer concursos e manter conversas de balcón a balcón durante este tempo de confinamento.

Son muy grandes!! El mejor momento del día sin duda, cada día alargamos más, ahora incluso con sorteos que por cierto hoy nos ha tocado a nosotras y mi niña está como loca de contenta. Un chute de energía cada día salir al balcón y compartir con los vecinos que de esta saldremos unidos". Isto escribía Nieves Caneda no dixital Vigo hoy. Era un dos comentarios a unha reportaxe sobre o Doira. Falaba da xente da Asociación Xuvenil Doira que cada tarde alegra aos seus veciños de O Castro, Camelias e Hispanidad con música, mensaxes, celebracións e, como di esta muller, sorteos. Enriba da sede da asociación hai unha residencia do Opus Dei e un dos que alí vive é Pepe Jarque. Lembra que empezaron a poñer música o 16 de marzo, "xusto despois de que se declarara o estado de alarma que non permite saír das casas". E foi porque unha veciña, Mana Canoa, "veu a ver si podiamos deixarlle un megáfono para poñer música despois dos aplausos". Logo sumouse outro veciño, Antonio.

Pouco a pouco os medios técnicos foron mellorando e a relación de balcón a balcón foi medrando. Os primeiros días xa anoitecía cando saían a aplaudir a todas as persoas que están en primeira liña da loita contra o coronavirus. Entre lusco e fusco, coas luces das linternas dos teléfonos ou as da casa, os vecinos cantaban e bailaban cancións coma Bella Ciao. Pero veu o cambio de hora, xusto a noite antes da celebración da Reconquista, que é todo un acontecemento en Vigo. Para ese día, o 29 de marzo, "xa tiñamos uns altofalantes grandes e mesa de mezclas", lembra Jarque. E celebraron a festa "como Deus manda", aínda que fora con cada familia na súa casa.

Foron pasando os días e acabaron coñecendo a tódolos veciños, "falando con xente que tiñamos ao noso lado e que case non a coñeciamos", conta Jarque. Son os veciños os que van suxerindo a música de cada día porque "demos o teléfono do Doira polo altofalante". A música vai acompañada de felicitacións de cumpleanos, de aniversarios de voda como o de Gloria e José, de días internacionais como o do autismo xa que "no barrio temos dúas persoas autistas". Tamén de mensaxes como o de Nacho e Lorena, que viven en Camelias e mandaron ao Doira un biscoito e unha carta de agradecemento que, "pola tarde lémola e fixémola extensible a todo o barrio".

A noticia da iniciativa do Doira chegou ao programa de Carlos Herrera e un dos colaboradores do mesmo, o ex diplomático e escritor Inocencio Arias, pedíalles que non puxeran a canción Resistiré porque non era quen de sacala da cabeza. Con un sorriso, Jarque conta que non lle fixeron moito caso xa que é coa que empeza o encontro das oito da tarde. A inventiva para facer cada día máis entretidos os atardeceres non para e así naceu, por iniciativa dunha veciña, un concurso musical no que a persoa gañadora leva un agasallo da panadería do barrio, que recolle cando vai polo pan. So ten que ser a primeira en adiviñar a canción que está soando. Escribir cartas aos nenos do barrio é outra das iniciativas que van xurdindo.

Entre os once residentes do Doira varios colaboran como monitores do club xuvenil e están acostumados a artellar actividades de ocio e de formación humana e cristián para pequenos e familias. De feito, desde o seu confinamento seguen non so atendendo as súas tarefas profesionais e laborais senón tamén aos case 90 socios, e as súas familias, de maneira online.

https://vigohoy.es/los-rostros-que-dibujo-la-crisi...

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/ponemos-ca...

15 minutos de confinamiento puertas para afuera