De Galicia ao suburbio de "Memorias de África"

Contan desde Nairobi que sempre hai moita ledicia cando un fillo retorna dunha longa estadía no estranxeiro. Esa alegría é maior cando ese fillo volve sendo sacerdote. Foi o que aconteceu con Paul Kioko, médico que estreou en Galicia o seu sacerdocio e volveu a Nairobi, ao suburbio de Karen, a parroquia na que foi bautizado e confirmado.

Os pais de Paul Kioko casaran na mesma igresa na que él celebrou a Misa de Acción de Grazas

Karen é un suburbio separado de Nairobi polo último bosque autóctono do país. O nome ven de que alí estaba a granxa da escritora sueca Karen Blixen, autora de Memorias de África, un terreo sobre o que se levantou esta barriada. En Karen está a igrexa parroquial Regina Coeli na que se casaron os pais de Paúl Kioko. O novo sacerdote foi bautizado e confirmado nesta igrexa e o 26 de xaneiro, domingo, celebrou alí a Misa solemne de Acción de Grazas.

O acto tivo unha especial emoción para a xente da parroquia xa que este novo crego foi para eles a primeira vocación sacerdotal en 67 anos. Desde que as noticias da súa ordenación foron chegando, eles rezaron con máis fervor pola vocación de máis sacerdotes e repartiron pequenas tarxetas da oración con esa intención.

Paul Kioko foi ordenado en 2019 en Roma polo cardeal Antonio Cañizares, arcebispo de Valencia (España), xunto con outros 31 membros do Opus Dei. É o primoxénito de tres irmáns e estudou na Lenana School antes de ir á Universidade de Nairobi onde obtivo o título en Medicina e Cirurxía. Despois de varios anos traballando na Unidade de Accidentes e Emerxencias do Hospital Mater Dei, así como na súa Unidade de Coidados Intensivos (UCI), obtivo un Máster en Anestesioloxía antes de irse a Roma para obter o doutorado en Teoloxía Moral.

A Misa de Acción de Grazas de Paul Kioko asistiron máis de 500 personas e non se detivo a celebración a pesar da chuvia lixeira no inicio da cerimonia. A Misa, de catro horas, rematou con Father Paúl presidindo a posta en marcha da Asociación de Mulleres Católicas da parroquia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/202...