Confinamento con vistas ao futuro

Un Masterchef de cociña foi unha das últimas actividades do Colexio Maior Arosa de Santiago antes de que o coronavirus obrigara a un confinamento desde o que xa preparan o próximo curso. Para empezar invitan a futuros universitarios a visitar as instalacións...

O Masterchef de cociña foi unha das actividades da Semana Grande do Colexio Maior Arosa, xusto antes do confinamento

O amplo programa de actividades do Colexio Maior Arosa veuse freado en seco polo coronavirus. Pouco podían pensar as residentes que ían rematar o curso desta maneira cando na apertura do mesmo, o 14 de outubro, Adriana Domínguez falaba da empresa textil Adolfo Domínguez. Días antes de que a declaración do estado de alarma obrigara ao confinamento, un grupo de universitarias participou nun Marstechef de cociña. Foi o día 8 de marzo, dentro dos actos da Semana Grande do colexio. Facer pratos que vaian máis alá da simple hamburguesa ou da pasta, foi un dos logros dunha actividade, a da cociña, que cada vez ten máis seguidores. Para comprobar os bos resultados non hai máis que ver pratos elaborados.

https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/magia-...

Pasa o tempo e atrás quedan as lembranzas da Semana Grande e das experiencias aportadas por profesionais que este curso estiveron no Colexio Maior Arosa, desde o psiquiatra Carlos Chiclana ao catedrático da Universidade de Santiago Jorge Mira ou o médico e surfista Guillermo Carracedo.

Pero no Arosa miran cada adiante e fano en plena crise sanitaria e "con moita ilusión de que a vida ordinaria volva as nosas vidas...". Por iso apuntan que xa vai sendo o momento "de pensar no futuro", e concretamente no próximo curso. Dentro de pouco os futuros universitarios xa terán que facer as probas de acceso, escoller universidade e lugar onde aloxarse "para vivir os mellores anos da súa vida: a etapa universitaria". Por iso, quen pense estudar en Compostela pode facer xa unha visita virtual ao Colexio Maior Arosa e coñecer polo miúdo esta residencia universitaria.