Ángel Lasheras, novo Vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia

O prelado do Opus Dei, Mons. Javier Echevarría, nomeou a D. Ángel Lasheras Presas Vicario da Delegación en Galicia, en substitución de D. Borja de León González, que foi nomeado Director Espiritual para a circunscrición de España.

D. Ángel Lasheras

D. Ángel naceu en A Coruña en 1955 e pertence á primeira promoción (1972) do Colexio Peñarredonda desa cidade. É licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.

Tras rematar os estudios universitarios levou a cabo tarefas formativas e de dirección en labores con xente nova, primeiro na Asociación Albeiro de Vigo (1978-1983) e logo na Asociación Roiba de Ferrol (1983-1991) cidade na que tamén traballou como médico e orientador no Colexio Montefaro.

Durante os seus anos en Roma (1991-1998) doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia da Santa Cruz. Nesa cidade recibiu en 1997 a ordenación sacerdotal. Tras dous anos de labor pastoral universitario en Madrid, trasladouse a Valladolid, onde foi Vicario do Opus Dei para Castela-León, Cantabria e Asturias durante os últimos 9 anos.