Un pasatempo ao servizo dos demais

O Club Xuvenil Rueiro (A Coruña) é unha canteira de talento cultural e social. Con motivo do Ano da Misericordia puxo en marcha Hospiband, unha banda de música especialista en cantar aos que máis o necesitan. Agora os seus socios fan tamén teatro e explotan a maxia. Aprenden e crecen, e, á vez, alegran a vida de persoas ás que non coñecen, pero coas que se vai xerando unha profunda sintonía.

Desde hai algún tempo a música cobrou protagonismo no Club Xuvenil Rueiro (A Coruña, Galicia). A clásica actividade de guitarra dos venres pola tarde empezou a crecer. Os máis pequenos gozaban gravando cancións versionadas con temas que triunfaban nas viaxes en coche coas súas familias... As guitarras, as baterías e os pianos formaban, cada vez máis, parte do ambiente do club.

Os compoñentes de Hospiband en pleno concerto.

Con motivo do pasado Ano da Misericordia, pensamos que máis podiamos facer desde esta asociación xuvenil, ademais das habituais visitas a persoas necesitadas que facemos desde sempre, e vimos que podiamos comezar unha iniciativa solidaria ao redor da música.

Así naceu Hospiband: un grupo de música composto por mozos de entre 15 e 17 anos que ensaiaba en Rueiro e cos que participamos en diversos encontros que pretendían facer pasar un intre agradable a persoas que necesitan espertar ou remover a súa ilusión, ou un intre de compañía, de ritmo, de marcha.

Un dos nosos primeiros concertos foi nun centro de menores, onde mozos sen fogar divertíronse moito (...) Tamén actuamos nun refuxio para persoas necesitadas

Uno dos nosos primeiros concertos foi nun centro de menores, onde mozos sen fogar divertíronse moito. Tivemos ocasión de falalo con eles tranquilamente. Tamén actuamos nun refuxio para persoas necesitadas, nun centro para persoas con discapacidade e en varias residencias de anciáns.

Gonzalo e José durante unha actuación de maxia.

A moitos pais de Rueiro gustoulles especialmente esta actividade, que permite aos seus fillos desenvolver un pasatempo, disfrutar e dedicar o seu tempo aos demais. Percatámonos de que todo aquelo estaba en sintonía cos obxectivos do Club, que busca ser un lugar no que os mozos adquiran virtudes humanas nun ambiente de amizade para ser persoas preocupadas polos demais.

Teatro e maxia

Mentres uns seguían coa música, outros ían avanzando por camiños semellantes pois, non todo o mundo está dotado para a música. Pensamos nas habilidades e gustos que tiñan os mozos de Rueiro e decidimos embarcarnos en dúas vías paralelas: teatro e maxia.

Desde entón, un grupo duns 25 mozos de 14 a 17 anos xúntanse todos os venres en Rueiro para participar nunha destas tres actividades... e séguese sumando xente

Así, xuntando o talento dos que veñen polo club e os seus amigos, naceu Living for others, un proxecto que toma o seu nome da última campaña da ONG Cooperación Internacional, coa que colaboramos. O seu enfoque encaixaba á perfección co que pretendíamos: desenvolver actividades enriquecedoras e divertidas ao servizo dos demais. Desde entón, un grupo duns 25 mozos de 14 a 17 anos xúntanse todos os venres en Rueiro para participar nunha destas tres actividades... e séguese a sumar xente. Algúns se apuntaron encantados coa idea e outros o fixeron vencendo a súa inicial resistencia a actuar en público ao pensar na finalidade da actividade.

Despois dun festival en Pai Menni.

Hai pouco acudimos a Pai Menni, un centro para persoas con discapacidade onde xa tocara a Hospiband e ao que acudimos con bastante frecuencia a desenvolver labores asistenciais. Celebraban unha festa á que convidaran a outras asociacións. Houbo representacións teatrais, números de maxia e, por suposto, música. Aos poucos días escribíanos a responsable do centro dicindo: "Quería agradecervos a vosa colaboración na xornada que tivo lugar o pasado sábado, as actividades que realizaron os mozos quedaron xenial. A verdade é que a súa actuación foi moi completa, entre o teatro, a maxia, a música... pola nosa banda quedamos encantados e os nosos usuarios e os do resto de asociacións pasárono moi ben grazas a eles, foi o broche final perfecto! A min, persoalmente, gustáronme moito, fan un gran labor e teñen moito talento".

A Hospiband segue a súa marcha, agora cun repertorio máis completo. En moitos sitios fanse fotos cos mozos e nunha residencia de anciáns mesmo nos pediron un disco... A xente divértese, aínda que, como dixo un dos mozos do grupo, "non sabemos se o pasan mellor eles ou nós"... É lóxico.

Diversión e educación

Temos unha postdata antiga do pasado Nadal que ten que ver coa música, os pais, as familias, e a finalidade de Rueiro. O mes de decembro pasado -hai xa uns meses, pero vén ao caso- gravamos unha panxoliña en colaboración con Los Limones, un coñecido grupo musical da cidade que foi líder de vendas nacional hai uns anos, e que seguen sendo moi coñecidos en Galicia.

O vocalista foi socio de Rueiro e fíxolle moita ilusión que llo propuxésemos. Versionamos unha coñecida canción súa e convertémola en panxoliña co título Agora é cando, Belén é onde. Quedamos con tres integrantes do grupo na sede do club e avisamos ás nosas familias para que viñesen cantar con eles.

O resultado foi un vídeo clip que aproveitamos para presentar no Festival de panxoliñas de familias que este ano celebramos na cafetaría dun concorrido centro comercial. Un xornal da cidade explicaba: "Rueiro é un club creado por pais cuxo fin é ofrecer aos seus fillos unha forma divertida e educativa de ocupar o seu tempo libre. Esta panxoliña é unha gran mostra diso".