Camiño de Santiago internacional
A Asociación Cultural XESTAL de Santiago de Compostela rematou en agosto o seu IV Camiño de Santiago Internacional, con participación de persoas de Hungría, Austria e España. Elixiron esta vez o Camiño Portugués.
San Xosemaría, peregrino a Santiago
"O Camiño de Santiago desperta un dos desexos máis profundos do corazón do home, o devezo de purificarse, de mellorar; en fin, o desexo de Deus". San Xosemaría Escrivá introduciu en moitas almas este desexo polo Pai Deus. Á tumba do apóstolo peregrinou en 1938. Cando se cumpren cinco anos da canonización de San Xosemaría, ofrecemos un artigo de prensa.
Estrea da páxina web do Opus Dei en galego
A iniciativa nace ao cumprirse o quinto aniversario da canonización de San Josemaría Escrivá. A Prelatura del Opus Dei ofrece información na súa páxina oficial (www.opusdei.org) en vintecinco idiomas. Agora, incorporou o galego. A dirección é www.galego.opusdei.org.
Un premio de cine
A curtametraxe "War Cry" (Grito de guerra) do club xuvenil Rueiro foi premiada como “mellor película” na XIV edición do Festival Amateur de vídeo Xuvenil de Vitoria-Gasteiz “Gaztebideo”
O “Via Crucis” de San Xosemaría en lingua galega
En Santiago de Compostela presentouse a primeira edición do “Vía Crucis” en lingua galega. É a segunda obra do santo traducida ao galego, despois das edicións de “Camiño” de 1968 e 1991.
Exposición sobre san Xosemaría en Tui
A cidade de Tui acolleu durante dúas semanas unha exposición sobre san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei.
De campamento na cidade
A Asociación Cultural Riosar, dirixida a mozas novas e inspirada nas ensinanzas cristiás de San Xosemaría, organizou un campamento en Santiago de Compostela. Sen sair da cidade, as estudantes de Secundaria que participan nel aprenderon a aproveitar o seu tempo de lecer e axudar aos demais.
San Xosemaría, no Camiño de Santiago
Dende o pasado 21 de xullo un relieve en bronce de San Xosemaría, xunto aos doutras 19 persoas relacionadas co itinerario xacobeo dá a benvida aos peregrinos que, polo Camiño francés, enfilan a entrada á meta de Santiago de Compostela.
Unha axuda no Camiño
Dende o 7 de xullo, os peregrinos do Camiño de Santiago, a 54 Km. da meta pola ruta francesa, atópanse cunha singular axuda no camiño, anunciada en varios carteis. Trátase da exposición Vida, Mensaxe e Herdanza de San Xosemaría Escrivá de Balaguer, colocada no polígono da Madanela, na localidade de Furelos.