"Un café coa Virxe"

Aproveitando unha romería familiar organizada polo clube Roiba (Ferrol), Mar Dorrio cóntanos o seu segredo para sacar adiante unha familia XL: "tomarse un café coa Virxe"

Mar é filla de mariño. Cóntanos a súa vida como unha travesía e as distintas aventuras nas que se "embarcou". A máis apaixonante vívea actualmente na súa familia "talla XL". O segredo para levar todo con serenidade é comprender que non son os fillos de "Mar e Javier", senón de "Deus, Mar e Javier"; e acudir á oración, que "é como tomarse un café coa Virxe".