O Colexio de Fomento Montespiño nace no curso 1974-1975, promovido por un grupo de familias que apostaron por unha educación integral da persoa. Dende a súa fundación consolidouse como un referente na formación académica e humana, un compromiso educativo baseado na educación personalizada e nos valores cristiáns. O colexio conta cunha Capellanía que ofrece atención espiritual a toda a comunidade educativa. Ao longo destes 50 anos, milleiros de familias formaron parte deste proxecto que hoxe segue medrando con fillos e netos de antigos alumnos.
Ademais das actividades propias do colexio, as nais e pais do mesmo contan con actividades organizadas pola APA que tamén organizan as Escolas de Pais. Os antigos alumnos participan en actividades culturais, deportivas e benéficas organizadas pola Asociación de Antigos Alumnos.
A celebración dos 50 anos foi recollida polos xornais La Voz de Galicia e La Opinión de A Coruña.