Number of articles: 16

O capelán do Lugo, un cura moi deportista

O sacerdote Xoán Carlos Rodríguez Paradela repasa nunha entrevista publicada no periódico El Progreso de Lugo a súa traxectoria vital e a sua paixón polo atletismo é o deporte en xeral: “Son do Club Deportivo Lugo. Xa ía cando o campo estaba na Avenida da Coruña”. Leva dez anos sendo o capelán do Lugo.

Revista de prensa

Premio para Fonteboa pola súa implicación no desenvolvemento rural

O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa recibiu o XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa e a Universidade de Santiago (USC). O xurado, segundo subliñou o seu presidente, o reitor da USC, Antonio López, tivo especialmente en conta o labor de formación e capacitación profesional que desenvolve Fonteboa desde a súa posta en marcha en 1975 no concello de Coristanco.

Revista de prensa

Joseba Barturen, o educador total que facía maxia

Educador total. Así cualifica a Joseba Andoni Barturen Alonso (Vigo, 1961-2021) o seu compañeiro do colexio Montecastelo de Vigo Javier Arcas. Faino no obituario publicado no Faro de Vigo no que reflicte a gran calidade profesional e humana deste profesor falecido de maneira sorprendente o 14 de agosto.

Revista de prensa

O sacerdote que cuidaba dos sacerdotes

José Carlos Alonso escribe esta necrolóxica, publicada en La Voz de Galicia, de Don José Luis Casado Moreno, sacerdote do Opus Dei falecido na Coruña. Especialista en teoloxía moral, José Luis Casado faleceu aos 66 anos e está enterrado en San Pantaleón das Viñas, en Paderne.

Revista de prensa

Asdegal axuda coas cartas aos Reis

Unhas 350 persoas das residencias de maiores de Vigo, Santiago e A Coruña enviaron a súa carta aos Reis grazas á iniciativa de Asdegal. A acción solidaria desta ONG contouna o suplemento YES de La Voz de Galicia.

Revista de prensa

Faleceu Javier Cremades, que fora capelán do Colexio Maior La Estila

Javier Cremades Sanz-Pastor (Zaragoza, 1946-Madrid, 2021) foi ordenado sacerdote en 1973 e doutorouse en Teoloxía na Universidade de Navarra. A finais dos anos 70 foi capelán do Colexio Maior La Estila desde onde marcharía a Madrid onde en 2011 dirixiu os actos centrais da Xornada Mundial da Xuventude. O seu pasamento foi recollido en numerosos xornais, entre eles La Región de Ourense.

Revista de prensa

Libro sobre a muller da muller que ocupa o posto máis importante na dirección do Opus Dei

Isabel Sánchez é a autora de "Mulleres brúxula nun bosque de retos" (Espasa), un libro no que recolle as experiencias de 75 mulleres que traballan nos cinco continentes promovendo proxectos sociais para mellorar a súa contorna.

Revista de prensa

O modelo de formación das Efas galegas interesa en Europa

Profesorado de Francia, Portugal, Alemaña e Italia visitou as instalacións de Arzúa e Coristanco para coñecer o modelo de alternancia implantado nestes centros que implica ás empresas, aos estudantes, as súas familias e a todos os axentes que forman parte do territorio.

Revista de prensa

Aloya, estilo de vida saudable e entrega de títulos

Carlos Spuch, neurocientífico do Instituto de Investigacións Sanitarias Galicia Sur, falou da importancia das boas costumes alimentarias e do estilo de vida saudable no desenvolvemento persoal. Foi no auditorio de Afundación, en Vigo, no acto de entrega de títulos da promoción 2017/19 do Centro de Estudos Superiores Aloya.

Revista de prensa

Kankindi, premio Harambee 2017 en Galicia

No Faro de Vigo

Revista de prensa