Pilar Díaz-Caso (Tineo-Asturias, 1969) pasou gran parte da súa vida en Valladolid e desde 2016 residía en Santiago de Compostela. Despois de estudar Economía, desenvolveu a súa actividade en entidades e institucións do terceiro sector e impartiu formación, sempre estreitamente vencellada á responsabilidade social corporativa e ao desenvolvemento rural.
Do seu carácter destacan que sempre priorizaba ás persoas e, sobre todo, aluden ao seu sorriso permanente.
Varios medios de comunicación recolleron o obituario desta Numeraria do Opus Dei.
