Xoán Carlos Rodríguez Paradela, 65 anos, conta como pideu a admisión no Opus Dei o mesmo dia que foi nomeado diácono, no verán de 1982. Meses máis tarde foi ordenado sacerdote en Valencia por san Xoan Paulo II.
A preguntas do xornalista Santiago Jaureguizar asegura que “celebrar a eucaristía diariamente é un privilexio” e fai un percorrido polas parroquias e vilas que estivo atendendo no seu labor pastoral.
O sacerdote tamén fala da súa relación co intelectual galeguista Ramón Piñeiro, que coñeceu en Compostela cando estaba cursando os catro anos de filosofía. Piñeiro "era de Láncara, de cerca da miña casa, fun velo unha vez, díxome que volvera e volvín".