Faleceu Mons. Xavier Echevarría, prelado do Opus Dei

Ás 21.20 desta noite, na festa da nosa Señora de Guadalupe, faleceu Mons. Xavier Echevarría, bispo e segundo sucesor de san Xosemaría Escrivá, fundador do Opus Dei.

Roma, 12 de decembro. Ás 21.20 desta noite, na festa da nosa Señora de Guadalupe, faleceu Mons. Xavier Echevarría, bispo e segundo sucesor de san Xosemaría Escrivá, fundador do Opus Dei. O vigairo auxiliar da prelatura, Mons. Fernando Ocáriz, puido administrarlle os últimos sacramentos esta mesma tarde.

O prelado do Opus Dei fora hospitalizado o pasado 5 de decembro no policlínico Campus Bio-Medico de Roma por mor dunha leve infección pulmonar.

"Mons. Echevarría estaba a recibir un antibiótico para combater a infección. Fontes do centro médico sinalaron que o cadro clínico complicouse hai tres días. A fibrosis pulmonar que padecía empeorou as súas condicións nas últimas horas, provocando unha insuficiencia respiratoria que ocasionou o falecemento."

Como prevé o dereito da prelatura, o goberno ordinario da prelatura recae agora sobre vigairo auxiliar e xeral Mons. Fernando Ocáriz. Segundo os estatutos da Prelatura, a el compete convocar no prazo dun mes un congreso electivo que elixa ao novo prelado. O congreso ha de celebrarse no prazo de 3 meses. A elección debe ser posteriormente confirmada polo Papa.

O Prelado faleceu aos 84 anos de idade. Naceu en Madrid en 1932, e nesa mesma cidade coñeceu a san Xosemaría, de quen foi secretario desde 1953 até 1975. Máis adiante, foi nomeado secretario xeral do Opus Dei. En 1994 foi elixido prelado. Recibiu de mans do san Xoán Paulo II a ordenación episcopal o 6 de xaneiro de 1995 na basílica de San Pedro.

Desde esta páxina iranse ofrecendo máis actualizacións nas próximas horas.