Como incorporarse ao Opus Dei?

 

A incorporación prodúcese mediante unha declaración formal por parte da Prelatura e do interesado. Baséase no valor da palabra dada e na honradez cristiá da persoa que se incorpora á Prelatura, e comporta un compromiso de por vida: loitar por ser santo segundo o espírito do Opus Dei. Polo tanto require maioría de idade e unha decisión libre, ponderada e madura. Esixe ademais a necesaria información previa e un axeitado periodo de preparación.