As xornadas sacerdotais en Montecelo arrincaron coa sesión “Retos na vida sacerdotal e claves de solución”, a cargo de monseñor José María Yanguas, bispo de Cuenca. Na súa intervención argumentou que merecen ser meditadas as palabras do Papa León XIV que subliñan a importancia da fraternidade sacerdotal: “El cuidado recíproco, en particular la atención a los hermanos más solos y aislados, así como a los enfermos y ancianos, no puede considerarse menos importante que el cuidado del pueblo que se nos ha confiado (....) Cómo podríamos nosotros, ministros ser constructores de comunidades vivas, si no reinara ante todo entre nosotros una fraternidad efectiva y sincera”.
Monseñor Yanguas debuxou o escenario no que se moven actualmente os sacerdotes nunha sociedade coa vida atropelada, a ansiedade, o conseguir os obxectivos máis altos no menor tempo posible e ao custo máis baixo, o emotivismo, a sobrecarga pastoral ou a soidade. E apuntou: “El sacerdote maduro conserva la serenidad ante problemas, mantiene la calma, es paciente con las almas que necesitan tiempo, sabe escuchar sin impaciencias ni interrupciones (¡la gente quiere ser escuchada!), da importancia a cada uno, no hace acepción de personas, es generoso y humilde no presume de sí mismo, lucha por vivir lo que predica y por predicar lo que vive: prédica siempre mucho más jugosa que la impostadamente culta o libresca. Poca vida interior da como resultado una predica fría, generalmente aburrida, no arrastra y con frecuencia es repetitiva. El sacerdote debe mostrarse optimista, porque es hombre de fe y esperanza”.
A segunda das xornadas, organizadas polas asociacións Porta Maris e Porta do Camiño, arrincou coa sesión "Pastores, feridos e coidados", impartida por Santiago Martínez, director do Centro de Estudos San Josemaría Escrivá e autor do libro Párrocos, bispos e Opus Dei. Historia e contorna da Sociedade sacerdotal da Santa Cruz en España 1928-1965 (Rialp). Os relatorios completáronse con coloquios cos participantes, unha comida compartida e un faladoiro antes da clausura.
Aniversario da SSSC
Hoxe, 14 de febreiro, é o aniversario da fundación da Sociedade sacerdotal da Santa Cruz por parte de san Josemaría Escrivá. “Desde 1952, coa aprobación da Santa Sede, os sacerdotes diocesanos poden vincularse co Opus Dei. Desde entón, varios miles deles pertenceron a esta institución ou se beneficiaron do seu carisma a través da Sociedade sacerdotal da Santa Cruz”, explican os editores do libro escrito por Santiago Martínez.

O autor “analiza o interese de papas, bispos e sacerdotes pola santidade e o asociacionismo do clero no século XX, ata o concilio Vaticano II. Tamén o Opus Dei brindoulles axuda e compañía. Aquí nárrase por vez primeira que moveu a Escrivá de Balaguer a interesarse polo clero diocesano, quen foron os seus colaboradores nesa tarefa, e a que obedeceu a acollida e o rexeitamento que a Sociedade sacerdotal tivo entre curas e bispos españois”, conclúen desde a editorial.
