Cociña ou protocolo, entre as propostas de Bande

A asociación cultural inaugurou o curso cunha festa onde as nenas o pasaron en grande

A Asociación Cultural Bande iniciou o novo curso escolar cunha gran festa na que participaron moi activamente os máis cativos. Vestidas e maquilladas para a ocasión, as participantes na celebración o pasaron estupendamente e coñeceron as propostas lúdicas e educativas coas que contarán neste curso que promete ser do máis entretenido. Entre as actividades que destacan para esta temporada estarán separadas as das nenas dende cuarto de Primaria a cuarto da Eso, que contarán con actividades de estudio e inglés, pola semana e pintura, baile, cociña, teatro, protocolo e manualidades, na fin de semana.

As máis cativas, as nenas de primeiro a terceiro de Primaria participarán en baile, pintura e unha vez ó mes nun obradoiro de cociña.

La Región, Xornal Escolar, 13 de outubro de 2011