Ernesto Cofiño

Ernesto Cofiño Sitúo naceu na cidade de Guatemala o 5 de xuño de 1899, onde tamén cursou os seus primeiros estudios.

Na Facultade de Medicina da Universidade de París obtivo con honras o título de Médico Cirurxián en 1929. Contraeu matrimonio en 1933 e tivo cinco fillos.

Dedicouse plenamente ao exercicio da súa profesión cun admirable espírito de servizo que lle levaba, non soamente a ocuparse da saúde física dos seus pacientes, senón a facer seus os seus problemas persoais.

O seu grande sentido sobrenatural e o seu fondo sentido humano leváronlle a fomentar e defender o dereito e o amor á vida, propiciando iniciativas e realizando el mesmo moitas delas, con grande caridade, en beneficio de futuras nais, de nenos e nenas da rúa, de orfos, e ofrecendo solucións aos problemas públicos. Fundou asilos e centros asistenciais. Dirixiu durante 4 anos o Hospicio Nacional

Pioneiro da investigación pediátrica en Guatemala, ocupou a Cátedra de Pediatría da Facultade de Medicina da Universidade de San Carlos (USAC), máxima distinción dese centro universitario.

En 1956 pediu a súa admisión no Opus Dei como membro Supernumerario. A partir desa data, intensificou o seu trato con Deus na oración, na mortificación, na Santa Misa e Comuñón diarias, na Confesión semanal; creceu a súa devoción á Nai de Deus, converténdose en grande propagador do rezo diario do San Rosario; aplicouse ao estudio e a formación doutrinal-relixiosa.

E intensificou o seu apostolado buscando comunicar a súa alegría e a súa xenerosidade a muchísimas persoas, ás que animaba a colaborar economicamente e coas súas oracións no impulso de labores de promoción humana e cristiá, nos cales traballaba con grande espírito de sacrificio, disposto a poñer en práctica a doutrina social da Igrexa.

Colaborou heroicamente con organizacións dedicadas á educación e capacitación de campesiños, de obreiros, de mulleres de moi escasos recursos e na formación da xuventude universitaria. Este servizo en favor dos demais seguiuno realizando con abnegación ata os 92 anos.

Morreu de cancro, despois dunha enfermidade longa e dolorosa, levada con fortaleza e conformidade heroicas, o día 17 de outubro de 1991 na cidade de Guatemala.