Vigo lembrou as estancias na cidade de san Josemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, no 50 aniversario do seu falecemento e no centenario da súa ordenación sacerdotal, con con misas especiais este 25 de xuño.
A cidade de Vigo e os seus arredores foron testemuñas de varias visitas de san Josemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, ao longo das décadas de 1940, 1950 e 1960. Estas viaxes non só foron fitos persoais senón que foron claves para o inicio e consolidación do labor do Opus Dei tanto en Galicia como no veciño Portugal.
O 26 de xuño, celébrase a festividade de san Josemaría Escrivá, coincidindo co aniversario do seu falecemento en Roma do que se cumplen 50 anos. Ademais, este ano conmemórase o centenario da ordenación sacerdotal en Zaragoza de quen o papa san Xoán Paulo II cualificou como "o santo do ordinario".

Con motivo desta data e dado que a festividade de san Josemaría coincide coa de san Pelayo, patrón da diocese de Tui-Vigo, as celebracións en honra a Escrivá de Balaguer adiantáronse ao mércores 25 e tiveron lugar na igrexa Santiago de Vigo (abaixo) e no parroquia-santuario de Fátima, nesta última oficiada por Mons Antonio Valín Valdés, bispo da diocese de Tui-Vigo.
A primeira visita documentada de a san Josemaría a Vigo remóntase a setembro de 1943. Vén a Galicia acompañado por Ricardo Fernández Vallespín, arquitecto nado en Ferrol e un dos primeiros membros do Opus Dei. O día 16 está en Vigo.
Dous anos despois, en febreiro de 1945, a súa visita foi máis significativa xa que chegou a Vigo acompañado por don Álvaro del Portillo [na foto aparecen os dous no muelle de Bouzas], que sería o seu primeiro sucesor. Visitan a Frei José López Ortiz, que fora nomeado bispo de Tui.
Nesa estancia coñece tamén a varios sacerdotes que lle axudaron no comezo do labor apostólica do Opus Dei en Vigo. E neses días tivo lugar a súa primeira viaxe a Portugal, que sería o primeiro país despois de España onde comezaría o labor da Obra.
En 1945, nos meses de agosto e setembro, volveu a Vigo e Tui para impulsar o comezo do labor apostólica en Galicia e Portugal.
Outras viaxes
A partir de 1946 vive san Josemaría Escrivá vive habitualmente en Roma, pero hai constancia dunha viaxe a Vigo desde Santiago de Compostela, no mes de setembro de 1947, que se volve a repetir en setembro do ano seguinte.
Tamén en 1951 chega a cidade olívica procedente de Portugal, pasa por A Garda para visitar ao sacerdote don Agustín Nandín e á súa nai, que estaba moi enferma.
En outubro de 1953 pasa unhas horas en Tui nunha viaxe rápida desde Portugal.
Na súa última estancia en Vigo, san Josemaría chegou o 24 de xullo de 1961, procedente de Londres, para visitar ao entón bispo de Madrid, don Leopoldo Eijo e Garay, que pasaba parte do verán en Vigo. Despois estivo en Santiago de Compostela e reuniuse cos asistentes a un curso de verán no Colexio Maior A Estila.