A Coral Casablanca, fundada en 1957, é “a máis laureada na historia de Galicia e a máis antiga, en activo, na cidade de Vigo”, explican na súa páxina web (https://coralcasablanca.org/).
Para este concerto habilitouse unha fila cero para as persoas que non puideron acudir ao evento pero desexaban colaborar con esta causa solidaria. Todo o recadado coa venda de entradas, esgotadas na súa totalidade, destinarase integramente a apoiar o labor das tres entidades que desenvolven un traballo fundamental en distintos ámbitos sociais e sanitarios.
Harambee significa todos xuntos en suahili e é un proxecto solidaridario que naceu o 6 de outubro de 2006 con motivo da canonización de san Josemaría Escrivá; traballa para promover o desenvolvemento do África subsahariana coa implicación en proxectos de promoción da muller, outros vinculados coa saúde materno-infantil ou educativos. O obxectivo é mellorar a condicións de vida, sobre todo de mulleres e poboación infantil
Nestes momentos Harambee está a apoiar iniciativas de desenvolvemento social en máis de 23 países de África e está moi agradecida á colaboración e axuda do Concello de Vigo nun proxecto que reducirá a mortalidade infantil en Lubumbashi, R.D. Congo, e permitirá axudar a pacientes con drepanocitosis que sofren as consecuencias desta enfermidade, tanto físicas como de rexeitamento social.
O proxecto beneficia directamente a 50 mulleres embarazadas e 300 nenos tratados, 4.500 homes e mulleres sensibilizados e a 8 profesionais sanitarios que reciben formación. Cada día nacen un milleiro de nenos con esta doenza o que a converte na enfermidade xenética máis común na rexión (50.000 bebés por ano en R.D. Congo). Máis da metade destes nenos morren antes dos cinco anos, xeralmente por mor de infeccións ou anemia grave.
Os responsables en Vigo de Harambee ONGD agradeceron o entusiasmo e xenerosidade da Coral Casablanca, asi como a colaboración de Afundacion por ceder sen custo algún o seu teatro. Un milleiro de vigueses apoiaron a iniciativa coa súa asistencia a este concerto solidario que axuda desde Vigo ata África.
